MOITAS BAIXAS E SEIS CANTEIRÁNS NA PRIMEIRA CONVOCATORIA DE DE LA BARRERA PARA SALAMANCA.

 

O Deportivo de Rubén de la Barrera encara a visita de mañá domingo 17 de xaneiro ao Salamanca CF UDS (16:00 horas-15:00 GMT, televisado por Footters), no Estadio Helmántico con seis canteiráns na lista: Adri Castro, Juan Rodríguez, Javi Sanmartín, Iván Guerrero, Guille Bueno e Boedo, que hoxe mesmo se incorporou aos adestramentos co primeiro equipo. Este polivalente carrilero, que milita no Fabril, chegou ao Club na temporada 2013-14, ás filas do Cadete B. Hoxe viu cumprido un soño e quen sabe se mañá en Salamanca o segundo, o de debutar co primeiro equipo en partido oficial.

Regresan ao equipo Borja Galán e Derik, após superar as súas respectivas lesións musculares e recibir onte venres o visto e prace dos Servizos Médicos; e, por outra banda, quedan fóra por diferentes problemas físicos: Keko, Uche, Bóveda, Claudio Beauvue, Héctor, Miku e Rolan.

Se queres oir e ver a rolda de prensa previa de Rubén de la Barrera : PREME AQUÍ.

-Foto e Texto : RC Deportivo


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies