MIRIAM RÍOS, ANA RODRÍGUEZ E ROCIO CANDAL ESTARÁN ESTE SÁBADO CAS RAPAZAS DA ESCOLA DE FÚTBOL FEMININO DO CF DUMBRÍA.

 

Día grande este vindeiro sábado 3 de Xullo na Escola de Fútbol Base Feminino do CF Dumbría, na que estarán cas 30 rapazas que se sumaron a este gran proxecto, que dirixen Fran Figueroa e a vimiancesa Ana Mouzo, a ex capitana do Deportivo Feminino, Miriam Ríos, a meta do Valencia CF, Ana Rodríguez, (que deu os seus primeiros pasos na base do CF Dumbría), e a xornalista, Rocío Candal. colaboradora dos programas de deportes da radio e televisión galega, e da web de información sobre o RC Deportivo, riazor.org.

A escola foi presentada o pasado Domingo no Municipal do Conco, no que se impartirán as clases teóricas e prácticas, e cos adestradores, Ana e Fran, tamén estiveronn a seleccionadora galega, Vicky Vázquez, e a xogadora da Real Sociedad, Nuria Rábano, ademáis do alcalde de Dumbría, e o seu concelleiro de Deportes.

  

-Fotos : Concello de Dumbría/Escola de Fútbol Feminino

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies