Míriam Domínguez e Ana García podium en dobres femeninos sub23

-Crónicas e resultados da xornada e previa dos vindeiros encontros-
-Equipos da Costa da Morte-

A pasada fin de semana celebráronse no Pavillón “Campo da Serra” de Narón os Campionatos Galegos Alevín e Sub23 e a eles acudiron 8 xogadores/as do AD Zas e ningún deles tiña moitas esperanzas de traer medalla. Pero aí estaban as nosas xogadoras Míriam Domínguez e Ana García para darnos a alegría dos campionatos. Participaban nunha categoría superior a súa, e contra xogadoras que compiten en categorías máis altas, co nivel de xogo que eso da. Con toda a ilusión e ganas do mundo superaron nos dobres en cuartos, a Mar Rivas e Sara Rial, e en semifinais disputaron o partidos de dobres case perfecto contra Noelia Santiago e Noa Bernárdez. Un encontro no que tiveron dúas bolas de partido no cuarto set, para ó final ceder cun 3-2 no partido, con todo o pavillón pendente do seu xogo.

En individuais Ana e Maria caeron en oitavos e Miriam en cuartos de final. Logo o Domingo na proba de equipos notouse o esforzo do día anterior  e non gañaron ningun partido. No sub23 masculino tanto Brais, que nonse clasificou no grupo, coma Edu non tiveron moita fortuna cos seus rivais, sobre todo Edu que nos cruces eliminatorios tocoulle un rival que fora primeiro de grupo e nada axeitado ao seu xogo e caeu en oitavos.

Na categoría alevín participaron Laura García, Lara Romero e Tatiana Recarey. Laura García perdeu en cuartos ante Laura Forte a que lle gañara fai un mes pero a inactividade por mor dunha lesión fixo que a zasence chégase coas condicións  de xogo mermadas. Lara Romero e Tatiana caeron en oitavos pero mostraron moi boa evolución sobre todo nos dobres donde cederon en cuartos ao igual que na competiición por equipos na que ao final foron sextas.

Debemos te en conta que o AD Zas foi o terceiro equipo con mais participación femenina nestes campionatos e que en sub 23 as rivais  das zasences compiten en superdivisión e división de honra co cal as nosas consideramolas unhas fenómenas.

-Compromisos para o vindeiro fin de semana-

Sábado 30 de marzo

2ª Nacional Masculina  

Bastiagueiro, (Oleiros)

17 ’00 h Breogán Oleiros – AD Zas Ponciano Nieto 

1ª Nacional Femenina

Vilalba, (Lugo)

16’00 Cofersa Cidade de Narón – AD Zas Aluminios Xeal

18’30 TDM Sanjurjo Moda – AD Zas Aluminios Xeal

1ª División Galega

Santiago, (A Coruña)

16’30 h. Conxo Ponte de Ferro – AD Zas Construcciones Cernadas

2ª División Galega

16’00 Oroso TM Peluquería Tije – VTM Pinturas Figueiras, (en Sigüeiro-Oroso)

17’00 h. TM A Estrada Pazo de Xerlís – AD Zas Dimobel Bazar Baio, (na Estrada-Pontevedra)

17’00 h. Hípica Coruña – AD Zas O Pinar, (nas instalacións da Hípica de A Coruña)

18’00 h. Oroso TM Trastes – VTM Pinturas Figueiras, (en Sigüeiro-Oroso)

Domingo 31 de marzo

A Picota, (Mazaricos)

11’00 h. Concello Mazaricos – Autoclinic CDM Milagrosa de Lugo

Liga Malov

De 16’00 a 19’00 en Sigüeiro, (Oroso) coa participación de 25 xogadores/as da nosa bisbarra.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies