Milleiros de deportivistas pediron respeto para o Depor.
Como xa se esperaba foron milleiros os deportivistas que acudiron a chamada da Federación de Peñas do RC Deportivo, Riazor Blues e Ol Faces e tras xuntarse na Praza de Pontevedra, onde está a sede do clube, discurriron durante unha hora ata a Rúa Nova, onde se atopa a sede de ABANCA na Coruña. A manifestacións ía encabezada por unha pancarta que pedía : “Respeto para o Depor”.
Entonáronse os cánticos típicos de Riazor, pero o máis destacable e que fixo retumbar os cimentos da cidade foi o de : “O Depor somos nós”. O pasar pola porta do edificio no que vive Augusto César Lendoiro, que se asomou a fiestra, entonouse o cántico de, “Lendoiro eres Dios”, e “Presidente!!!”, para cando se chegou o punto final oíronse cánticos coma “Depor sí, ABANCA non”, e o grito unánime de : “Queremos a Rubén”, en alusión ao adestrador coruñés, que foi despreciado por segunda vez en cuestión de un par de anos, sendo destituido de maneira grotesca e falta de respeto. A todo esto cando se di que Imanol Idiakez xa está na Coruña para asinar como novo adestrador. Tamén houbo recordo para Villasuso, para o que se pideu a dimisión.
Como colofón a protesta o presidente da Federación de Peñas do RC Deportivo, Luis Martínez leeu un comunicado expresando o porqué do cabreo do deportivismo e esixindo información sobre todo o acontecido, e pedindo unha Asemblea Xeral de Accionista presencial.
O deportivismo fíxose oir e ben alto, pedindo respeto, información e explicacións de todo o que se fixo despois de acabar a liga.
Xa se sabe como foi todo. Dimisión da parcela deportiva, dimisión da diretiva en pleno, e antes levándose por diante a Rubén de la Barrera, sen siquera ter contacto con él, avisándolle con nocturnidade e alebosía, cando estaba a cear na sua casa e a espera dunha chamada do clube para falar do proxecto da vindeira tempada. Ademáis convocouse unha Asemblea Xeral de Accionistas para o 17 de Xullo de maneira telemáica, un luns as 12:00 horas.
Os Piratas de Muxía secubda e apoia ao 1000 % as reivindicacións do deportivismo, como socios, accionistas e afeccionados que somos.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto pancarta : Federación de Peñas
