MIKU MÁIS QUE POSIBLE BAIXA ANTE O C.VIGO “B” POR UNHA LESIÓN MUSCULAR.

Miku saeu coxeando do campo.

 

O pasado sábado eran moitos os que dende as bancadas pedían un troco na segunda metade. Noel que se pasou grande parte do segundo metade do choque ante o Cultural Leonesa, era a mirada dos afeccionados na banda e Miku, dentro do campo. A actuación do venezolano estaba a ser bastante baixa, e ise choque non chegou ata o desconto, recibida con algún que outro asubío. O que máis e o que menos pensaba que era para perder tempo, pero a realidade, é que o ansiado troco, que chegou demasiado tarde, era por unhas molestias do xogador veterán deportivista nos isquios.

Dende o clube e tralas probas realizadas informábannos que : “Miku foi sometido a probas médicas para ditaminar o alcance exacto das molestias musculares coas que acabou o encontro do pasado sábado en ABANCA-RIAZOR ante a Cultural Leonesa$.

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo comprobaron que o internacional venezolano sofre unha lesión muscular nos isquiotibiais da súa perna dereita.

“O ariete deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En función da súa evolución, pasará a continuación á etapa de readaptación fisica, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo”, polo tanto é unha baixa máis que posible para o choque do vindeiro Domingo ás 12:00 horas, (11:00 GMT), que se sumará tamén en ataque a de Noel, que viaxa ca Selección Sub 19.

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo

-Foto : RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies