MIKU E O RC DEPORTIVO CHEGAN A UN ACORDO PARA QUE CONTINUE NO CLUBE UNHA TEMPADA MÁIS.

 

Nicolás Ladislao Fedor Flores “Miku” (Caracas, Venezuela, 19 de agosto de 1985) continuará, un ano máis, como xogador do RC Deportivo, tal e como nos informan dende o clube. O dianteiro venezolano tardou en coller o ritmo, e o final quedouselle pequena a competición. Deunos unha das poucas ledicias do ano, cun memorable encontro ante o filial do Vigo, cun “Hat-trick” en campo alleo.

Internacional por Venezuela en 51 ocasións (11 goles), tamén posúe a nacionalidade húngara debido á orixe da súa familia paterna. Miku chegou ao Deportivo procedente do Omonia Nicosia chipriota o pasado mes de setembro. Na súa estancia na Coruña leva disputados 16 partidos de Liga e 1 de Copa do Rei, sumando 7 tantos nos 950 minutos completados.

O ariete venezolano aterrou en España con 16 anos, para formar parte da canteira da Valencia CF. Após asinar ficha profesional en 2004, apenas dispuxo de oportunidades no primeiro equipo valencianista, co que só xogou 7 partidos durante os 6 anos que durou o seu contrato. Ao longo do seu periplo ‘ché’ foi cedido a CD Alcoyano, UD Salamanca (ambos en Segunda B), CF Cidade de Murcia, Gimnàstic de Tarragona e de novo UD Salamanca (este tres en Segunda).

Miku foi traspasado ao Getafe CF no mercado de inverno da campaña 2009-2010. Co conxunto madrileño asinou por catro temporadas e media, sendo peza indispensable do mesmo durante as dúas primeiras campañas e media. O curso 2012-2013 foi cedido ao Celtic, ao que axudou a conquistar o dobrete Liga-Copa en Escocia con 14 partidos e 2 goles. Recentemente comezada a temporada 2013-2014 foi traspasado ao Ao-Gharafa qatarí (25 encontros e 6 tantos).

Ano e medio despois regresou a España da man do Rayo Vallecano, club polo que asinou en febreiro de 2015, antes de emprender, en agosto de 2017, unha nova aventura, esta vez na India. Co Bengaluru FC xogou dúas campañas, nas que gañou unha Liga e unha Supercopa e marcou 25 goles, antes de volver a Europa co Omonia (9 partidos), club do que chegou ao Dépor.

Miku leva xogados 323 partidos no fútbol español, divididos en 123 en Primeira, 88 en Segunda, 88 en Segunda B, 20 en Copa do Rei e 4 en playoff de ascenso a Segunda.

A súa cifra goleadora alcanza os 92 tantos: 37 en Primeira, 19 en Segunda, 31 en Segunda B, 3 en Copa do Rei e 2 en playoff.

O dianteiro venezolano incorpórase xa esta mañá á pretemporada branquiazul para estar, desde o primeiro día, cos seus vellos e novos compañeiros.

“Desde “Os Piratas de Muxía” e piratasdemuxia.es, queremos darlle a Miku a benvida de novo o noso barco e o desexo de que nós de éxitos, que os seus serán os de todos nós…que teñas boa proa!!!”.

-Fotomontaxe : piratasdemuxia

-Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia