MIGUEL LLORENTE NOVO ADESTRADIR DO DEPORTIVO FEMININO, QUE DEIXARÁ DE FALAR GALEGO DENDE O BANCO.

 

Un madrileño, Miguel Llorente Deniz (Madrid, 10 de agosto de 1982) é o novo adestrador do Deportivo Feminino para a Temporada 2021-2022, polo que o galego desaparece das roldas de prensa, no troco de inquilino do banco do equipo. Un troco que nen estamos dacordo, nen aceptamos, nen aceptaremos, faga o que faga o novo adestrador, ao que lle desexamos a maior das sortes.

O técnico madrileño conta cunha dilatada traxectoria nas categorías inferiores do FC Barcelona, onde chegou despois de case unha década traballando na canteira da CE Europa barcelonés (2002-2004 e 2008-2015).

Após traballar como adestrador na FCB Escola durante dúas temporadas, incorporouse ao FC Barcelona B feminino como segundo adestrador, ocupando ese cargo durante tres temporadas, de 2017 a 2020. O último curso converteuse en máximo responsable do filial azulgrana, co que alcanzou a cuarta posición na pasada edición do Grupo Norte de Reto Iberdrola.

A segunda adestradora do Dépor ABANCA será Ana González Rivera (Redondela, Pontevedra, 8 de xaneiro de 1995), que ademais de ser gardameta do Deportivo ABANCA durante tres temporadas (2016-2019, 17 partidos oficiais co primeiro equipo), foi a porteira branquiazul no primeiro encontro oficial da historia do equipo, o 4 de setembro de 2016 fronte ao Oviedo Moderno CF en Ponte dos Brozos (Arteixo). Como adestradora, dirixiu ao primeiro equipo do Orzán SD as dúas últimas campañas en Primeira División Galega.

No corpo técnico continuan Aitor Prieto (coordinador e analista), Miguel García Esmorís (técnico axudante), Carlos Domínguez (preparador físico) e Fran Martínez Nión (adestrador de porteiras), que completan o staff do Dépor ABANCA 2021-2022

 

O Deportivo Feminino presentase no día de hoxe

O Deportivo Feminino presentase hoxe mércores 28 de xullo ás 19:00 horas en Abegondo nun acto privado ao que asistirán o Presidente do Club, Antonio Couceiro, e a Conselleira, Emma Lustres.

A continuación, o cadro adestrarase por primeira vez no céspede da Cidade Deportiva, a porta pechada, cun corpo técnico que quedará perfilado nas próximas horas.

Será o xoves 29, en horario por confirmar, cando o Dépor ABANCA realizará o tradicional posado ante os medios de comunicación, habitual en cada equipo do Club ao iniciar a pretemporada.

Onte martes, o cadro deportivista someteuse a probas médicas no Centro QuirónSalud de ABANCA-RIAZOR. Nestas probas, rutineiras cada verán (electrocardiograma, analítica…), uníronse nesta ocasión as correspondentes ao COVID-19.

Estiveron citadas no Centro Médico QuirónSalud de ABANCA-RIAZOR as seguintes futbolistas:

-Porteiras: Ana Valles e María Sampalo

-Defensas: Cris Martínez, Patri López, Andrea Sierra, Inés Altamira, Goretti Neira, Raquel García e María Figueroa

-Centrocampistas: Alba Merino, Eva Dios, Paula Gutiérrez, Alejandra Serrano, Paula Monteagudo (procedente do Sárdoma CF), Carlota Sánchez e Jone Ibáñez

-Dianteiras: Ainhoa Marín, Laura Fernández, Tatiana García ‘Tati’, Noela Sánchez (procedente do Victoria FC), Aroa Guerra e María Ruiz

O Deportivo ABANCA comezará a temporada en Reto Iberdrola ou Segunda División RFEF a fin de semana do 4 e 5 de setembro en Abegondo ante o FC Barcelona B.

.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo