Miguel Llorente non segue no deportivo Feminino.
Onte Miguel Llorente, ata hoxe adestrador do Deportivo Feminino, decía ao acabar o encontro do Play-Out de permanenza na Liga Reto Iberdrola, (2ª División Feminina), no que derrotaron o RUT Tenerife SC por 3-1, nun extraordinario encontro das nosas, que agora esperaba a sentarse co clube para falar e planificar para que non pasase o deste ano, no que fixeron méritos para non xogarse todo a unha carta pola permanenza, cando estiveron varias veces de líderes, ou loitando pola liga.
Vese que no clube xa tiñan decidido o futuro de Miguel Llorente e anuncián que non segirá no seu posto.
“Unha vez concluída onte á noite a temporada do Dépor ABANCA, co partido de playout fronte á Real Unión de Tenerife (3-1) no que se certificou a permanencia do equipo a próxima campaña na segunda división do fútbol nacional, o Consello de Administración do RC Deportivo comunicou esta mañá ao técnico branquiazul, Miguel Llorente, que non renovará a súa vinculación coa entidade para a próxima sesión.
O RC Deportivo quere agradecer a Miguel Llorente o seu traballo á fronte do Dépor ABANCA desde o pasado verán, desexándolle os maiores éxitos futuros a nivel profesional e persoal”.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo