Miguel Juane, novo secretario-non conselleiro, do Consello de Administración do RC Deportivo

 

Miguel Juane Sánchez (Vigo, 17 de xuño de 1965), é, desde hoxe, novo secretario, non conselleiro, do Consello de Administración do RC Deportivo.

Coa incorporación de Miguel Juane como asesor, o Club reforza a súa área xurídica cun profesional con ampla e recoñecida experiencia no ámbito do dereito deportivo e que complementará os labores que exerce o actual asesor xurídico do Club, Óscar Rama.

Juane, licenciado en Dereito, é avogado en exercicio, colexiado polos Ilustre Colexios de Avogados da Coruña. Mediador Colexiado desde 2014, é Master en Dereito Deportivo pola Universidade de Lleida e en Dereito Sanitario pola Universidade da Coruña.

Foi presidente do Comité Galego de Disciplina Deportiva entre xullo de 2012 e outubro de 2020; e da Asociación Galega de Dereito Deportivo entre 2016 e 2020. Ademais do seu labor docente e investigadora nos campos dos que é especialista, é membro do Tribunal de Arbitraxe e mediador do COE, ademais de vicepresidente da Asociación Española de Mediación Deportiva

Miguel Juane está vinculado co deporte en toda a súa traxectoria vital, porque antes de iniciar a súa carreira no ámbito xurídico foi xogador profesional de baloncesto, ademais de ser director xeneral do CAB Obradoiro.

-Foto e Texto : RC Deportivo