MIGUEL FIGUEIRA DEIXA DE SER ADESTRADOR DO BERGANTIÑOS CF :

Miguel Figueira deixa atrás un gran traballo no Berganiños CF.

 

O fútbol non entende de recordos, ainda que non haxa que mirar moi atrás, e eso é o que lle pasou ao vimiancés Miguel Figueira, que tras facelo de maneira extraordinaria co Bergantiños CF, chegoulle a fatalidade dos resultados adversos e deixa de ser adestrador dos carballeses, tras unha xuntanza do clube co propio adestrador. No seu eido farase cargo do equipo Borja Facal.

Así nolo comunica o Bergantiños CF : “Esta tarde, nunha reunión da xunta directiva con adestrador Miguel Figueira, acordamos dar un xiro na dirección técnica do primeiro equipo, do que se fará cargo, desde mañá, Borja Facal. O club quere darlle as grazas a Miguel Figueira polo seu extraordinario traballo e compromiso incuestionable co Bergantiños durantes estes máis de tres anos, nos que estivemos entre os mellores equipos galegos de Terceira e disputamos tres fases de ascenso consecutivas a Segunda B.Grazas, Miguel, pola túa profesionalidade e pola túa calidade humana, e moita sorte para o futuro. O Bergantiños sempre será a túa casa.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es

-Comunicado : Bergantiños CF

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.