MICHAEL VILELA E JULIÁN BUSTO LEVARÁN OS CADETES DO MUXÍA CF QUE COMPLETA O ORGANIGRAMA DE BASE.

 

O Muxía CF segue a coller xente da casa para levar os seus equipos de base

Xa vos informamos que José Luis Romaní e Miguel Sambad eran os encargados de adestrar os equipos de xuvenís e infantís para a 2023/24, e faltaba saber quen levaría os cadetes. Neste caso son os xogadores do primeiro equipo, Michael Vilela e Julián Busto os encargados de dirixir os rapaces do cadete, queda así confeccionado o organiigrama da base dos muxiáns, que se completa co tandem, Jose “Congui” e Isma Pose no feminino, que onte xogaba o seu primeiro encontro de pretempada, e o tandem, Nando-Fran para o equipo senior, que tamén se presentou onte nun amiogable co Baiñas, (2-0), na Arliña.

 

-Foto : Muxía CF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”