MERECEU MÁIS O MAZARICOS FEMININO ANTE O LIDER CALO SR, (0-2) QUE TIROU DE EFECTIVIDADE.

LIGA FEMININA F7 GRUPO SANTIAGO

20ª Xornada 

O CF Mazaricos plantoulle cara o lider e mereceu máis.

 

CF Mazaricos 0-2 Calo SR

José Ángel Carreira, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido que comezou moi igualado co Calo tengo o control do xogo, pero sen crear ocasións claras debido ao esforzo defensivo das nosas. A intensidade foi a dona da primeira parte. Unha xogada illada o Calo levou o xogo dun lado para o outro e Ana Bao, (que sería determinante), marcou na única ocasión da primeira parte. Ao comezo da segunda parte tivemos a ocasión máis clara do partido dun tiro da frontal de Graci que se atopa con longueiro, e uns minutos despois Ana Bao, volve a marcar e aumenta a distancia no marcador, cun tiro a base do poste ao que María non pode facer nada. Moi bo partido do equipo no aspecto defensivo grazas a implicación de todas as xogadoras, merecemos máis neste encontro“.

CF Mazaricos : María Pedrosa, Graciela, María Senra, Ainara, Izadora, e Lucía. Tamén xogaron : Daniela, Inés, Ánxela, Katia, Fátima e Yolanda. 

Goles : 0-1, Ana Bao, (16´); 0-2, Ana Bao, (54´);

Árbitro : Esteban Domínguez

 

CLASIFICACIÓN

O CF Mazaricos ocupa a 6ª praza con 29 puntos. 

 

VINDERIA XORNADA

O equipo mazaiquense non xoga ata o 25 de Febreiro na 20ª xornada na que visita ao Praiña Sporting Club, (2º clasificado), no “Juan Amado” dende ás 18:00 horas. Na primeira volta o resultado antre ambas escadras foi de 1-1.

 

++++

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

Texto e Foto : José Ángel López/Jorge Villar “Gorrión”

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es