MENUDO, 1º NOVO XOGADOR DO DEPOR.

 

Juan Carlos Menudo Domínguez (Sevilla, 18 de xuño de 1991) converteuse en novo xogador do Real Club Deportivo para as dúas próximas temporadas após finalizar a súa vinculación co CD Numancia.

Formado nas categorías inferiores do Sevilla FC, o centrocampista ofensivo estreouse na categoría de bronce do fútbol español co filial hispalense disputando 38 partidos e anotando 5 goles.

A partir de aí iniciou a súa carreira en diferentes clubs da categoría, o primeiro deles, o FC Cartagena en dúas temporadas sumando 82 partidos e 16 tantos. Entre ambas, disputou unha campaña na UD Logroñés con 38 encontros e 11 dianas. A súa seguinte etapa, 74 partidos na SD Ponferradina, 40 no Melilla, 26 na Cultural e Deportiva Leonesa e 25 o pasado curso no CD Numancia de Soria, anotando 14, 6 e 10 goles respectivamente.

67 tantos en 122 partidos no Grupo I, 22 no II, 145 no IV, 6 de Fase Intermedia, 10 de promoción e 18 de Copa de SM El Rey, para sumar un total de 323 encontros que marcan a carreira de Menudo antes de recalar no Real Club Deportivo, ao que chega como primeiro reforzo de cara á temporada 2021-2022.

-Foto : piratasdemuxia

-Texto : RC Deportivo

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies