MENTRES CORRE UNHA ONDA DE ACOSO E DERRIBO A BORJA JIMÉNEZ, NINGUÉN DA INTERESE AO ACOSO E CONTINUO ATRACO ARBITRAL.

Contra o Ferrol birláronnos 4 posibles puntos.

 

Parece que a entrevista en La Voz de Galicia a Borja Jiménez, non lle sentou ben a “algún”, e se miramos as redes sociais, o que máis e o que menos escribía mensaxes do ton de : “o primeiro fallo sacrifícano”, “como perdamos domingo van machacalo”, “fixéchela boa Borja”, etc…

A primeira pregunta a Borja Jiménez tralo remate do choque de ABANCA Balaidos foi : “Borja, vas a dimitir?”. O que contestou cun seco : “No”. O que levamos de semana, e dende que acabou ese choque, tódolos días podemos ler ataques ao adestrador deportivista, que fai un par de meses era un fenómeno, e agora é unha mer…”Borja Jiménez en la cuerda floja”, “Borja Jiménez se tambalea”, “Pérdida de crédito”, “Cuestionado”, etc…

Cando unha persoa lle chama mentereiro na cara a outra, e a outra sabe que é verdade, a única maneira de defenderse, e de que a mentira se convirta en verdade é o desprestixio do que dixo a verdade, para logo expresar o xa tan coñecido : “Eu xa o dixen”. Sempre que o que dixo a mentira non sexa humilde e a saiba recoñecer, pero se se rinde pleitesía e haxa que tapar, ven a máxima romana : “Se non podes arreglar un problema, causa outro para tapar o primeiro”.

Namentras se busca desestabilizar o adestrador e de rexeite ao equipo, o clube e a afección. Toda a prensa cala e non denuncia, (ata o mesmo clube), as xa máis que esaxeradas manobras aribtrais que estamos a sufrir.

No que vai de tempada xa van ata 9 penaltis non pitados, que poderían ter o equipo moi preto de asinar o ascenso, se se chegasen a materializar. Todos decíamos que o penalti non pitado ante o Ferrol, era de escándalo, pero é que non foi máis ca un capítulo máis. Contra o equipo ferrolán, por poñer un exemplo, pítannos un penalti inexistente en contra, e non nos pitan un claro a favor, e co de Riazor, foron 4 puntos que nos quitaron de opter.

O pasado Domingo ante o C.Vigo B, o colexiado Alberola Rojas do colexio Castelán-Manchego, non quixo expulsar ao xogador local, Carlos Rodríguez, que lle fixo o penalti a William, e que xa de por sí en calquer parte do campo xa sería cartón amarelo pola dureza da entrada. Logo expulsou a Quiles de maneira incrible, por simular que se tiraba para enganalo, (nada máis lonxe da realidade). Segundo lle dixo o dianteiro deportivista : “está en xogo o meu futuro arbitral”. Non o estaba cando deixou o equipo vigués cos 11 no campo. 

Son moitos puntos os que nos leva birlado o ente arbitral, chámalle chorar, chámalle roubar, pero a realidade está aí, e os vídeos dos erros flagrantes tamén. Quen está interesado en que se nos perxudique desta maneira…a RFEF?; a plataforma televisiva?…

Fai uns anos Tino Fernández explotaba e largaba un : “Nos están haciendo unos arbitrajes de Mierda”. Juanfran decía : “Cuando serán capaces de reconocer sus errores”, ou Gaizka Garitano : “Si existiese le VAR cuendo estuve en el Depor estaríamos luchando por entrar en Europa”.

Estes son uns exemplos da nosa teima coas arbitraxes, que se repite e que esta tempada está a ser moi esaxerada.

Dende o clube, e a prensa que segue o RC Deportivo, e que veu cada un dos imnumerables atracos que tivemos deberían facer máis fincapé, e non que arbitraxes coma o do pasado Domingo, queden como “un máis”.

 

 O noso apoio

O noso total apoio a Borja Jiménez. Quen está fallando son os xogadores. Tanto en ataque, xa que non se materializan as ocasións que se crea, nen en defensa, que con pouco márcannos.

-Foto : Captura TVG2

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies