MEDRAR+EVOLUCIONAR : O FISOBER FSF PRESENTA A NOVA CARA DO SEU ESCUDO.

 

Medrar + Evolucionar:

Como dixemos máis veces, e facemos a diario, #MedraConNós é un xeito de facer as cousas no noso clube.

Para iso, medrar e evolucionar son dúas palabras que van da man, e por iso queremos presentar hoxe, en sociedade, “A PRIMEIRA EVOLUCIÓN” do noso escudo, para seguir medrando e evolucionando co paso do tempo.

Gracias Ghillermo polo noso primeiro escudo, e gracias Paula, ex xogadora que nos dou moitas tardes de alegría na nosa portería, por este segundo paso nun presente espectacular, gracias a un glorioso pasado, e cara un futuro moi ilusionante #AléFisober

¡Desexamos que vos guste!…

O novo escudo, que podedes ver na cabeceira do artigo, con respecto o antigo, (este que tedes enriba), segue aglutinando tres detalles identificativos das 3 bisbarras que forman o nome do Fisober : FIsterra, SOneira e BERgantiños. O Faro, un dos monumentos importantes da bisbarra, a torre do Castelo de Viminza, e o carballo, da localidade do mesmo nome.

No novo escudo os tres elementos aparecen nunha copa que forman a montaña e a costa, desta volta o arbre sustitúese por unha folla de carballo, e todo dentro do aspecto máis novedoso, o mapa da parte da Costa da Morte en Galicia e 3 puntos que identifican as 3 bisbarras. Outros dous matces diferentes, son que colle as cores do clube, (negro e amarelo e branco), e que pasa de estar todo englobado nun escudo heráldico, a estar nun círculo, que auna a mensaxe subliminal de unión.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad/piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies