Lucía Pazos no podium, (a do medio).
Brilante intervención de Lucía Pazos Trillo no XXVII Trofeo Teresa Herrera proba do Campionato de España.
No pasado domingo, no escenario do Palacio de los Deportes de Riazor (A Coruña), celebrouse o “XXVII Trofeo Teresa Herrera” co gallo da loitano Sector Oeste Absoluto de xudo, clasificatorio para a fase final do Campeonato de España Absoluto de Judo 2025. No torneo participaron máis de 120 deportistas das comunidades de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela-León.
Entre os representantes galegos estaba a muxiana de Merexo, Lucía Pazos Trillo, quen protagonizou unha actuación máis que notable, tanto polas súas vitorias relámpago como pola súa forza de carácter ao recuperarse dunha lesión acadar medalla de bronce.
Nas fases iniciais tivo vitorias por ippon
Lucía entrou en competición con gran intensidade. Nos primeiros combates, logrou despexarse con vitorias por ippon (combates relámpago, como se acostuma dicir no argot do xudo), o que certifica que dominou claramente as primeiras roldas, dominando as súas adversarias con tecnica e rapidez. Este inicio portentoso permitíalle chegar á semifinal con total merecemento.
Semifinal e lesión
Na semifinal tocoulle enfrontarse á representante de Asturias, un combate de máximo nivel no que, desgrazadamente, Lucía sufriu unha lesión no ombro. A pesar da forza empregada, perdeu o combate, pero a peor parte sería a dor que lle xurdiu. Afortunadamente, a lesión non resultou de gravidade. Tras recibir atención do fisioterapeuta na propia sede, puido recuperarse a tempo para continuar na loita polo bronce.
A loita polo 3º posto e enfrontamento con compañeira de club
No combate para o bronce apareceu unha circunstancia emocional destacada: Lucía midíase coa súa compañeira do Club Bergantiños Judo, a coristanquesa Aroa Blanco. Coñecíanse ao dedillo, cada unha os puntos fortes e as debilidades da outra, o que converteu o combate nunha loita táctica e mental. O combate completou o tempo regulamentario sen decisión, e tivo que decidirse no “Golden Score”. Alí, xa coa tensión ao máximo, Lucía impuxo o seu xudo e conseguiu levarse a vitoria e a medalla de bronce.
O resultado e a súa dimensión
-
Tercer posto: medalla de bronce para Lucía Pazos.
-
Clasificación obtida para o Campeonato de España Absoluto de Xudo 2025.
-
A lesión no ombro: non implica gravidade, polo que poderá continuar na súa actividade deportiva.
-
A pesar de non estar na súa categoría principal logrou posicionarse entre as mellores do país.
Lucía en plena acción na semifinal.
Importancia do torneo
O evento resultou clave no calendario do xudo español, non só pola súa condición de clasificatorio para o nacional absoluto, senón tamén pola ampla representación galega: Galicia presentou 58 judocas no torneo. A contenda reforza o papel de A Coruña como sede de citas deportivas de alto nivel.
-Fotos e información : Pedro Pazos
-Texto : Xosé Búa “Pirata”

