Mauro Silva volveu a ser tentado para unirse o proxecto do Deportivo, e volveu a dar os mesmos motivos polos que non pode vir.

 

O “Gran Capitán”, Mauro Silva, foi tentado por ABANCA  a unirse ao novo proxecto do RC Deportivo que está a cociñar o ente financieiro galego, pero o querido ex xogador brasileiro volveu a esgrimir os mesmos motivos polos que desestimou a invitación por parte de Estrella Galicia fai un ano para presidir o clube.

Mauro fixo un comunicado no que dixo : 

“Queridos seguidores do Deportivo: Todos coñecedes ben o meu amor, agarimo e gratitude polo moito que o Deportivo e esta cidade proporcionáronme. Trece anos da miña vida dediqueinos integramente ao club. Nos últimos días, o accionista maioritario do Deportivo mantivo conversacións comigo para coñecer a miña dispoñibilidade de colaborar no proceso de reestruturación do club. Por ocupar o posto de vicepresidente electo na Federación Paulista de Fútbol, e por vivir en Sao Paulo (Brasil), non estou en condicións de participar na xestión do Deportivo. En calquera caso, púxenme á súa disposición para axudar desde a distancia no que sexa posible e beneficioso para o club polo que sinto paixón e unha inmensa gratitude. Seguirei animando ao club para que consiga pronto o éxito e a recuperación!”.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia