MAURO SILVA E BEBETO ANUNCIAN NUN COMUNICADO QUE NON ASISTIRÁN A HOMENAXE QUE LLES ÍAN FACER NO TERESA HERRERA, POR DESAVENENCIAS CA AXENDA.

 

Non é Santos Iñocentes pero parece. O deportivismo quedou abraiado ante un comunicado conxutno de Bebeto e Mauro Silva no que din que non viran a homenaxe que lles ía a facer o RC Deportivo na disputa do Teresa Herrera o vindeiro 5 de Agosto ante o Bragantino, clube no que militaron ambos, e a excusa é por “probelams ca axenda que lle tiña preparado o RC deportivo”. Todo esto parece ser sen falalo co clube, que pouco despois colgaba nas redes un comunicado, no que que están tentando falar con eles, pois “ainda non foi posible”, tras tentalo, e que pensan que están convencidos, que “é un malentendido”.

Comunicado Bebeto Mauro Silva

“Deportivistas : Lamentamos informar que, debido a un desacordo significativo sobre a planificación da nosa axenda durante a estancia na cidade da Coruña, decidimos non asistir á homenaxe que estaba previsto para o día 5 de agosto no Trofeo Teresa Herrera. Esta decisión cáusanos un gran pesar, especialmente considerando a expectativa de todos os coruñeses e os apaixonados seguidores deportivistas. Queremos expresar a nosa profunda gratitude por todo o apoio que recibimos ao longo da nosa traxectoria no Real Club Deportivo A Coruña. Foi unha honra inestimable contar co apoio e o amor constante que demostrastes ao longo dos anos. O noso desacordo non diminúe de ningunha maneira o inmenso aprecio que temos polo club e por todos os seus fieis seguidores. Aínda nos consideramos parte desta familia e esperamos atopar unha solución que nos permita retomar as nosas actividades no futuro. Lamentamos sinceramente calquera decepción que esta decisión poida causar. Agradecemos a comprensión e pedimos desculpas por calquera inconveniencia”. 

Comunicado RC Deportivo

“Desde o RC Deportivo lamentamos profundamente o comunicado emitido onte polos ex xogadores Bebeto e Mauro Silva, cos que sempre mantivemos unha excelente relación e así queremos que siga sendo. Con respecto á axenda de ambos na Coruña, o club expuxo unha primeira proposta asumindo todos os custos da viaxe, sempre con posibilidade de realizar cambios para adaptala ás súas necesidades. Reiteramos que estivemos, estamos e estaremos a disposición de ambos para solucionar calquera cuestión que poida supor unha traba para poder celebrar unha homenaxe tan merecida e desexada pola nosa afección e por todos nós. 

Seguimos á espera de poder falar de forma directa con eles, entendendo as dificultades da diferenza horaria, para solicitar toda a información e reconducir o que estamos convencidos de que foi un malentendido, xa que todo o relacionado cos voos, estancia e axenda principal de toda a visita estaba acordado desde hai semanas sen ningún problema, e houbo un contacto permanente cos ex xogadores ata horas antes da emisión do seu comunicado. 

Para o RC Deportivo é moi importante poder contar no Teresa Herrera con dous símbolos do deportivismo como Bebeto e Mauro, que representan unha etapa imborrable para toda a cidade da Coruña. Por encima de calquera malentendido está o noso único obxectivo: que o Teresa Herrera sexa unha bonita homenaxe a dous ídolos do deportivismo e unha merecida festa para a nosa afección“.

A nosa opinión : Non sabemos cal será a axenda, pero fraco favor lle fan Bebeto e Mauro Silva o clube neste intre de restructuración e con nova xente a cabeza de tódalas parcelas. Se de verdade lle teñen ao clube e o deportivismo o cariño que profesan de palabra, e a que lles temos nós a eles, polo que representaron no clube, a axenda que se pon como disculpa terían que negociala co clube e non montar este esperpento, pois o clube xa di publicamente que é unha primeira proposta asumindo costes de viaxes. A cousa cheira a que ademáis querrían cobrar. Non o creo, pero “algo cheira mal en Dinamarca”, como diría Hamlet.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies