Mauro Silva candidato a presidencia do Depor?

-O CAMIÑO A PRESIDENCIA-

Mauro xa sabe o que é estar no palco presidencial.

-Oferta a Mauro Silva para encabezar unha candidatura

Dende que saltou a nova de que se lle ofrecera a Mauro Silva para encabezar un proxecto para encabezar unha candidatura a presidencia do Real Club Deportivo da Coruña, recibimops dúcias de mensaxes, por diferentes canles e ata algunha chamada. Síntoma de que son moitos os amigos deportivistas que lles ilusiona a idea. Que sabemos o respecto?…Pois primeiro que nunha entrevista da Radio Galega o medio brasileiro non afirmou nen desminteu esa idea. Todo apunta segundo o que pulsamos en diferentes medios un empresario galego, dos grandes accionistas deportivistas que está en Brasil, fíxolle a oferta a MauroQue empresario galego, accionista do clube branquiazul está en terras brasileiras?…Pois segundo nos dín, Ignacio Rivera, presidente de Estrella Galicia máximo accionista do clube está en terras do Brasil ultimando a apertura dunha fábrica da cervexeira coruñesa, e tódalas olladas apuntan a él. Tamén se fala de que estaría por detrás, Cebrián, sobriño de Amancio Ortega, ou o propio Tino Fernández. Todo son divagacións pois non trascendeu nada máis. O parecer dinnos que na Voz de Galicia o magnate cerveceiro galego dixo que non se inmiscuirían no proceso electoral. Tamén dixeron que Paco Casal non se presentaría e o día seguinte dixo que se presentaba. Polo tanto todo pode trocar dun día para outro, como tamén todo poden ser mentiras…A nosa opinión?…Pois parécenos moi difícil que Mauro cos negocios que ten en Brasil de inmobiliaria e de asesoría, con moitas empresas galegas e españolas na sua carteira, así coma o seu posto federativo en Sao Paulo, así como a sua familia e a sua vida, deixe todo para virse a dirixir o RC Deportivo, o que xa amosou unha e mil veces que quere moito…Agora visto o que sucedeu nas semifinais da Champións, as que despois de moitos anos chegan dous equipos por méritos propios, tras remontadas espectaculares, pode pasar de todo. Estaremos espectantes, como afeccionados, socios e accionistas que somos.

++++++++++++++++++++++
 
 

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-