MAURO SILVA ANUNCIA QUE NON SE PRESENTA A PRESIDIR O DEPORTIVO

-O CAMIÑO A PRESIDENCIA-

Mauro renuncia a presentarse como candidato a presidencia.

-Mauro Silva anuncia nunha carta o deportivismo que non se presentará a presidencia do Deportivo

-Fernando Vidal anuncia a sua candidatura-

Tal como apuntábamos onte, non creíamos que Mauro Silva deixase tódolos seus compromisos en Brasil para vir para a Coruña a presentarse como candidato a presidencia do RC Deportivo, e así foi. No día de hoxe, nunha carta o deportivismo no seu Facebook anuncia que por estar comprometido coa Federación Paulista de Fútbol da que é vicepresidente e pola promesa que lle fixo aos máis de 100 clubes que a forman, non será candidato a presidencia do Deportivo. Abrindo a nova o completo tedes a carta o completo. O que sí deu un paso adiante e eso que xa se daba en algún medio que non se presentaría é o ex diretivo de Tino Fernández, Fernado Vidal, que o parecer anunciou que : “se non vemos que se presente un candidato que ilusione ao deportivismo, presentarémonos na vindeira semana”. Ese candidato que esperaban se presentase sería Mauro Silva, que confirmou que quen lle fixo a proposta foi Ignacio Rivera de Estrella Galicia. Abre a nova ao completo para ver a carta de Mauro.

 
Carta aos meus queridos deportivistas
 
A especial situación do noso Real Club Deportivo da Coruña, coa dimisión da Xunta Directiva e a necesaria elección doutra nova nun período tan curto de tempo, fixo que algúns accionistas e amigos, como Ignacio Rivera, conselleiro delegado de Estrela Galicia, todas elas persoas competentes e serias que queren ver ao club coruñés ocupando novamente o seu espazo de gloria no fútbol español, tivesen a xentileza de propoñerme a min como candidato á presidencia do noso Club, algo que de antemán agradezo pois denota afecto e recoñecemento á miña persoa, que fun, como de todos é sabido, xogador do equipo durante trece anos consecutivos, achegando todo o meu entusiasmo e mocidade á consecución de logros deportivos inesquecibles: Liga, Copas do Rey e Supercopas. Ao acabar a miña carreira deportiva, fai xa catorce anos, regresei ao meu país de orixe e desde entón estudei para percorrer unha carreira no mercado do fútbol, de maneira profesional.
 
En 2015 asumín a vicepresidencia da Federación Paulista de Futbol ( FPF), un proxecto que me apaixona, cun gran interese humano, co que me comprometín ata o final. Máis recentemente, o ano pasado, fun elixido por aclamación vicepresidente da FPF, na candidatura encabezada polo Presidente Reinaldo Carneiro Bastos, un home serio e co compromiso de transformar o fútbol paulista. O noso mandato chega ata o ano 2022. Dese xeito, fixen un pacto cos case 100 clubs paulistas, asegurándolles unha xestión profesional da FPF, así como con xogadores e adestradores de São Paulo. Cumprir os meus compromisos é algo que marcou a miña vida. Non fará falta lembrar que así foi cando na miña etapa de xogador non atendín propostas de clubs de maior potencial económico que o noso, e cumprín os meus contratos co Deportivo. E creo que esa mesma responsabilidade e o compromiso coa palabra dada deben guiar agora a miña decisión.
 
Quero acabar reiterando a miña gratitude a todos os que confían en min, na seguridade de que atoparán a outra persoa cun perfil máis adecuado que o meu para ocupar a presidencia do Deportivo, outra responsabilidade enorme que eu non podería atender sen faltar ao meu compromiso coa FPF, así como coa Secretaría de Deportes do Estado de Sao Paulo ou o Plenario da Autoridade Publica do Fútbol do Ministerio de Deportes de Brasil, entidades das que tamén son membro actualmente.
 
Un gran abrazo a toda A Coruña e a todo o deportivismo, co desexo do ascenso a Primeira División, do voso amigo eterno MAURO SILVA.
 

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos moito menos ca outras webs, radios ou xornais de menor seguimento.

Deixa un comentario

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies