MATÍAS CAMANZO NOVA FICHAXE DO MUXÍA CF PROCEDENTE DO SILLEDA CF.

 

Cando parecía que xa tiña a plantilla o Muxía CF, (Liga da Costa), sorpréndenos coa incorporación de Matías Camanzo, (A Estrada-Pontevedra; 17/03/86), lateral dereito que a pasada tempada xogaba no Silleda CF, co que ascendía a pasada tempada a 1ª Galicia. Tamén xogou no SD Bandeira, CD Lalín e Lamela CF.

O xogador estradense xa levaba uns días adestrando cos muxiáns, habida conta de que traballa na hostalaría muxiana.

Os muxiáns, que renovaron a cáseque todo o plantel da pasada tempada quedaron privados do ascenso a 1ª Galicia polo asqueroso sistema de competición, que tanto disgustou aos da Vila da Barca, así coma outros moitos equipos do noso pais, e da nosa zona, que se viron privados de ascender, ou que descenderon. No capítulo de fichaxes, chegou o meta José de Lema, Adrián Alcaina, (retornado), Iago Muiño, (retornado) e Ánxo Pose. A baixa máis destacada é a do meta Hugo Sambad.

Catro encontros levan os rapaces de Diego Lobelos, que repite no banco, na pretempada. Derrotaban no primeiro ao SD Fisterra, (3-0), caían no segundo contra o CD Baiñas, (0-1), empataban no terceiro co CF Dumbría, (2-2), e este Domingo visitaban ao CD Baio no Platas Reinoso.

-Foto : Muxía CF

-Texto : piratasdemuxia