MATEO ALEMANY DE VACACIÓNS EN MUXÍA.

Álvaro con Mateo e a “muxiana”.

 

Mateo Alemany, executivo español que fora presidente do Real Mallorca, e que hoxe en día é director de fútbol no Barcelona FC, está estes días de vacacións en Muxía, e estivo xantando varias veces no local do noso colaborador Álvaro Rodríguez, “A Lonxa de Álvaro”, e o que fora presidente do Muxía CF, como con todos aqueles famosos e famosillos, sacou a foto de rigor coa “muxiana”, e como non, en ton cpñero, falaron de fútbol e de posibles trocos co clube muxián.

Dende a irrupción do Parador, son moitos coñecidos de tódolos ámbitos que se pasan pola Vila da Barca e disfrutan da sua gastronomía e de todo o que ofrece o pobo.

-Foto : Álvaro Rodríguez

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies