SEGUNDO A “CADENA SER CORUÑA”, AUGUSTO CÉSAR LENDOIRO ACEPTA O RETO DE MARTÍNEZ LOIRA A PRESENTARSE.

 

Antonte o ex candidato a presidencia ao RC Deportivo Martínez Loira fixo un comunicado cheo de sentimentalismo, cunha primeira parte de sensibilización e unha segunda, na que se desvela o seu desexo, que os accionistas na vindeira asemblea de socios deleguen as suas accións no ex presidente Augusto César Lendoiro, que en varias entrevistas nos derradeiros meses dixo que xa non era “o seu momento”, que prefería “ver as cousas dende o alto”, pensando nos problemas de saúde que tivo que a piques estiveron de costarlle a vida. Hoxe segundo nos apunta un usuario da nosa web, a Cadena Ser Coruña, comunicaba que se puxeo en contacto co ex presidente deportivista e que “non lles quixo facer declaracións pero que indirectamente dixolles que era imposible non aceptar o encargo de Martínez Loira, que o ía a facer e que defendería esas accións da mellor maneira posible”. Todo apunta a que o vindeiro 16-17 de Nadal teremos unha asemblea chea de emoción.

Martínez Loira explicaba no comunicado porque pide a delegación en Lendoiro :

“O deportivismo necesita un revulsivo que lle devolva a ilusió n e a esperanza. Tras darlle moitas voltas, creo que a oú nica persoa capacitada a deía de hoxe para facelo é Augusto César Lendoiro. Creo que non hai opció n mellor, nin con credibilidade deportiva, nin con má s capacidade para mobilizar ao deportivismo e xerar un sentimento renovado nun tempo ré cord. Por iso anuncio que delegaŕ as miñas accións en él para a Xunta de Accionistas. Pídolle a Augusto que actúe con xenerosidade e que lidere ao deportivismo, dando un paso moi complicado para él pero que pode ser vital para o Deportivo.

Poida que esta sexa unha solución transitoria ou de emerxencia, ou poida que o resultado non acabe en vitoria, pero como deportivistas o que non podemos permitirnos é non facer nada ou non tentalo sabendo que sé hai unha boa alternativa. E tamén estou convencido de que o propio Augusto dentro duns meses non se perdonaría ver ao Dépola o bordo da desaparició n sen poñerse a disposición cando ainda existía algunha posibilidade de evitalo, pois coñezo ben a súa cará cter e a súa non resignación. Loxicamente a miña proposta non gustasé a todo o mundo. Se alguén ten unha proposta mellor, que por favor poña sobre a mesa e valorémosla, sen personalismos, sen complexos, buscando urxentemente oú nica e exclusivamente o mellor para o Deportivo.

Pídolle tamén responsabilidade e valentía os accionistas maioritarios, aos 40 má s significativos, pero en especial aos 10 primeiros. E o mesmo aos 2 principais sponsors. E obviamente ao principal acredor do Deportivo. Eles representan a esperanza de miles de deportivistas, moitos deles sen voto, e creo que deben estar á altura nun momento realmente vital para o club. Absterse ao bordo do precipicio non é xa unha opción, porque poida que non haxa má s oportunidades.

É urxente situar á fronte do Deportivo a unha persoa recoñecida, experimentada, con capacidade de xestión deportiva e un profundo coñecemento de fútbol e credibilidade deportiva, que nos devolva a ilusió n e nos de confianza nun momento crítico. E non vexo opció n mellor que o citado expresidente. Por iso pido a todos os que compartan o meu opinió n que deleguen as súas accións en Augusto César Lendoiro porque, como decíao Santo naqueles añvos gloriosos, aquí “os milagres hai que facelos entre todos” e neste momento necesitamos un milagre para salvarnos. Sexamos todos realistas, actuemos antes de que sexa demasiado tarde, pola institución, pola Ciudad, por miles de deportivistas de Galicia, de España e repartidos polo mundo.

Movámonos, tracemos xa unha folla de roteiro para tentar non descender a 2ª División B e, desde agora e na seguinte tempada, poñamos os cimentos deportivos e sociais para tentar volver canto antes á 1ª categoría. Hai que dicilo alto e claro, na Segunda División B o Deportivo actual non é viable.
.
Reflexionemos sobre esta alternativa. Que cada deportivista actúe como considere máis oportuno e os accionistas que compartan esta visión, delegando en Augusto César Lendoiro”.
.
.
-Texto : piratasdemuxia.es/Martínez Loira
-Foto : Captura vídeo RC Deportivo/Cana YouTube

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.