MARTÍN LAMELAS NOVO XOGADOR DO BERGANTIÑOS CF.

 

Martín Lamelas únese ao proxecto do Bergantiños. O centrocampista ourensán, outro dos integrantes da selección galega campioa da pasada Copa das Rexións da UEFA, adestrará desde mañá co grupo. 

Lamelas medrou como futbolista nos últimos catro anos no Ourense C.F., co que conseguiu o ascenso a Terceira na temporada 2016/17, para logo converterse en peza fundamental dun equipo que estivo a piques de acadar o ascenso a 2ªB o pasado mes de xullo. Antes militou dúas campañas na U.D. Barbadás (3ºdivisión), club a que chegou procedente do Ponte Ourense (nome anterior do actual Ourense C.F.).

O xogador, que tiña outras ofertas e con mellores condicións económicas, apostou polo noso proxecto. Jose Luis Lemos terá así ás súas ordes a un dos mellores futbolistas da categoría.

 “Estou moi ilusionado con esta nova etapa. Creo que vai ser fácil adaptarme ao club, ao modelo de xogo que propón o corpo técnico e aos meus novos compañeiros, moitos dos que xa coñezo das convocatorias da selección galega. Teño claro ao que veño: a que o equipo consiga un obxectivo que non pode ser outro que o ascenso”, declarou.

Lemos conta agora con 16 xogadores sénior. Cando se recupere a normalidade e se permita o contacto físico nos adestramentos, o míster poderá avaliar sen atrancos aos xoves que están a facer a pretemporada e decidir a súa incorporación ao primeiro equipo.

-Foto e Texto : Bergantiños CF