Martí estivo moi enriba dos xogadores nos adestramentos

ROLDA DE PRENSA

Martí estivo moi enriba dos xogadores nos adestramentos.

 

-José Luis Martí : Quero un equipo moi ordenado, moi equilibrado e cunha mentalidade moi clara, moi valente, moi ambiciosa de ir a por o partido
-Máis de 500 deportivisttas animarán o equipo-

 

Quique González deu a sua primeira rolda de prensa como técnio no pre-encontro e deu a sua primeira convocatoria composta por 18 xogadores, nos que destaca a inclusión de Dubardier e a baixa de Saúl, (nos mentideiros comentáronnos que xa fichou polo Xetafe), a pesares de que o coñece de telo no Tenerife, pero di que o arxentino : “vino moi ben e por eso está na lista, e non podo levar a todos”. Tamén son baixa poor decisión técnica, Íñigo López e Vitor Silva. Por lesión Fede, Carlos, David Simón e Krhon-Dehli. No que respecta a rolda de prensa pideu un “Deportivo valente que vaia a polo encontro. Foi feito este equipo para telo balñón e cando non o teña ten que ior a recuperalo”. O técnico mallorquín amosou unha vez máis a sua idea de facer en pouco tempo un equipo : “ordenado, equilibrado, cunha metalidade ambisiosa”. Máis de 500 deportivistas de 37 peñas, estarán animando o equipo no “Reyno de Navarra”, no encontro de mañán sábado a partires das 18:00 horas, (16:00 GMT), ante o Atlético Osasuna.

LISTA DE CONVOCADOS
 
ROLDA DE PRENSA DE JOSÉ LUIS MARTÍ
(Por : rcdeportivo.com)

 

José Luis Martí manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que para gañar mañá sábado 13 de abril en El Sadar ante o CA Osasuna (18:00 horas, Movistar Partidazo) “hai que facelo todo ben sempre. Xogamos ante un rival moi importante. Debemos facer as cousas que tentamos traballar, e sobre todo facelas ben unidos, ben xuntos, non permitir espazos”.

O técnico deportivista quere un Dépor “protagonista co balón porque este equipo está deseñado para telo. Haberá momentos que non o teñamos. Cando non o teñamos, tentar recuperalo canto antes”.

Insiste en que busca un equipo “moi ordenado, moi equilibrado e cunha mentalidade moi clara, moi valente, moi ambiciosa de ir a por o partido”.

Espera un Osasuna “moi intenso, moi agresivo, cun fútbol bastante vertical, con xogadores moi rápidos, con desequilibrio. Un equipo cun estado de forma e de confianza enorme, moi difícil de bater”.

Para frealos, “imos ser pausados co balón, ter paciencia, ser capaces de manexar o encontro, levar o ritmo onde nos interese pero cunha mentalidade moi clara de buscar a portería contraria”, indica Martí.

O adestrador branquiazul recalcou que “temos potencial para conseguir o obxectivo. E imos loitar por ese obxectivo. Oxalá que na última xornada de liga sexa así e se non a través doutro mecanismo”.

Atopou fisicamente “ben ao equipo. Moi ben. É un equipo que está preparado”. Por conseguinte, cre que os xogadores “necesitan sentirse outra vez cómodos, con confianza, protagonistas, importantes. E iso é o que imos tentar trasladarlles”.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-


-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos moito menos ca outras webs, radios ou xornais de menor seguimento.

 

 

Deixa un comentario

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies