Marta Charle Romero (Soria, 27 de febreiro de 2000) incorpórase ao cadro do Deportivo ABANCA de cara á Temporada 2022-2023.
Extremo ou mediapunta, Marta comezou xogando no CD Nuestra Señora de Belén burgalés, entre 2015 e 2017, antes de incorporarse ao CD Parquesol, no que militou as cinco últimas campañas. Co equipo valisoletano xogou as tres últimas temporadas na categoría de prata do fútbol nacional, sumando 72 partidos e 16 goles, e sendo o seu ano máis prolífico o recentemente finalizado, no que asinou 13 dianas en 31 partidos (28 como titular).
Marta Charle súmase ao cadro deportivista tralas renovacións de Ainhoa Marín, Inés Altamira, Paula Gutiérrez, Raquel García, Patri López e Aroa, máis Cris Martínez e Eva Dios, con contrato en vigor, e as recentemente incorporadas Carlota Suárez e Millene Cabral.
O Depor perfila a pretempada
Se fai uns días anunciabamos que a pretempada do Depor comezaba o luns 18 de agosto, desta volta dende o clube infórmannos que os encontros amigables de preparación voltarán a ser televisados pola canle do RC Deportivo de YouTube. O primeiro encontro será ante o Atlético Arteixo, recén ascendido a 3ª RFEF, na que será rival do Fabril.
Un ano máis Integralmotion será o patrocinador dos encontros de preparación dos deportivistas .
O RC Deportivo e integralmotion.es chegaron a un acordo para que a firma coruñesa patrocine a emisión, a través da canle de Youtube do Club: www.youtube.com/rcdeportivo, de todos os partidos de pretemporada do Deportivo por terceiro ano consecutivo.
Ademais, o patrocinador desta #DéporXira2022 e provedor dos vehículos oficiais do Club, integralmotion.es, realiza unha oferta especial para todas as persoas asociadas ao RC Deportivo. Integralmotion.es, con máis de 800 vehículos Seminuevos e Km. 0, descontará 500 euros de maneira directa a todos os Deportivistas que presenten o seu carné de socio unha vez arrincase a campaña de abonos pola compra dun coche durante o mes de agosto.
-Foto : RC Deportivo
-Texto . piratasdemuxia