MARIO SORIANO : “Este Domingo en Zorrilla temos unha final”.

 

O Dépor roza o ascenso e Mario Soriano chega en estado de graza antes do decisivo Valladolid–Deportivo

O Depor chega ao tramo final da temporada coa ilusión disparada e coa posibilidade moi real de certificar o ascenso directo a Primeira División este mesmo domingo en Valladolid. Unha vitoria en Zorrilla daría ao cadro coruñés o billete matemático á elite, nun escenario que xa ten mobilizado a unha marea de deportivismo que acompañará ao equipo nun desprazamento masivo histórico.

Nun momento decisivo, un dos nomes propios do equipo está sendo o de Mario Soriano, que volveu a aparecer cando máis o precisaba o conxunto dirixido por Antonio Hidalgo. O mediapunta foi o gran protagonista da remontada ante o Andorra cun auténtico golazo que non tardou en dar a volta ao mundo do fútbol d, sendo elixido como o mellor gol da xornada 40.

Un disparo inapelable á escadra do porteiro Owono, cheo de precisión e potencia, que non só fixo estalar Riazor, senón que tamén consolidou a sensación de que o Deportivo conta con xogadores determinantes nos momentos clave.

“En esa posición, en cuanto la recibió Yeremay, me vi solo. Me la pasó y tenía un pasillo para controlar y tirar rápido… Durante todas estas semanas sempre nos quedamos moitos despois do adestramento a tirar, a ensaiar xogadas, centros… Esta semana saíronme moi ben”, explicaba o propio Soriano na rolda de prensa previa ao encontro en Zorrilla, deixando entrever o traballo constante que hai detrás deste tipo de accións decisivas.

O partido ante o Andorra non foi sinxelo para os branquiazuis, que chegaron ao descanso por debaixo no marcador. Porén, na reanudación o equipo saíu con outra enerxía e o talento ofensivo comezou a marcar diferenzas. Foi precisamente nunha conexión con Yeremay cando chegou o momento clave: o canario fixo dano entre liñas e habilitou a Soriano, que sen pensalo soltou un disparo imparable que se coou pola escuadra.

Mentres o Deportivo facía o seu traballo, outros resultados tamén xogaban ao seu favor. O encontro entre Almería e Las Palmas deixou unha remontada decisiva dos canarios, cunha chilena espectacular de Clemente incluída, que sumada á vitoria deportivista permite que o ascenso poida quedar pechado xa nesta xornada final.

Agora todo pasa por Valladolid. O estadio José Zorrilla será o escenario dunha final anticipada na que o Dépor pode pechar o regreso á Primeira División. A afección xa está en marcha, preparando un desprazamento masivo para empurrar un equipo que chega lanzado e cun xogador como Mario Soriano no seu mellor momento da temporada.

.

-Fotomontaxe e texto : Xosé Búa “Pirata”