MARIO SORIANO ASINA POR DUAS TEMPADAS NO DEPOR E SAMARA ORTIZ POR UNHA NO FEMININO.

 

 

Era unha volta anunciada, Mario Soriano volve o Depor, pero dista volta en propiedade por duas tempadas, e con opcións futuras para o Atlético de Madrid, e no Deportivo Feminino, tras a fichaxe o pasado luns da asturiana Henar Muiña, onte asinaba por unha tempada a madrileña Samara Ortiz.

 

 

Soriano o pasado ano no Depor xogou en 33 partidos, anotando 5 goles e 3 asistencias, con case 2.000 minutos de xogo. O xove madrileño que o pasado 22 de Abril cumplía 20 anos, é un xogador que ou gusta ou non gusta, como pasa co melgacho, o congro, ou a raia. Comezou sendo un xogador que tardaba moito en soltar o balón, dos que lles sobra un regate, e pouco a pouco foi mellorando nas suas prestación. Por idade ten moita marxe de mellora, pero é incuestionable, o amor que colleu o Depor, e a parte que puxo para voltar, amosando sentimento branquiazul.

 

 

Samara Ortiz Cruz (Madrid, 16 de xullo de 1997) será xogadora do Deportivo ABANCA na Temporada 2022-2023.

Samara, que xoga como lateral por calquera dos dous costados, procede do Brøndby IF danés. Na súa primeira campaña en Dinamarca disputou 10 partidos de Liga, na que o Brøndby IF concluíu na terceira praza, e foi titular nos 2 encontros do seu equipo na rolda previa da Champions League, ante o Kristianstads DFF sueco e o 1. FC Slovácko Ženy checo.

A carrileira madrileña formouse no Rayo Vallecano, onde comezou a xogar con só 7 anos. Posteriormente fichou polo CD Canillas (2013-2016), antes de dar o salto ao CD Tacón. No conxunto que deu orixe ao Real Madrid CF feminino militou entre 2016 e 2020, logrando o ascenso a Primera Iberdrola en 2019. Samara tamén formou parte do primeiro cadro da historia madridista, no curso 2020-2021. Nas súas dúas campañas na máxima categoría participou en 19 partidos (14 como titular) nos que marcou 1 gol.

De pai español e nai cubana, Samara foi internacional sub-19 por Acerbaixán, xa que obtivo a dobre nacionalidade trala chegada da madrileña Patricia González á federación azerí en 2014 para poñer en marcha o desenvolvemento do fútbol feminino.

Con esta oitava incorporación, o cadro do Deportivo ABANCA 2022-2023 atópase da seguinte maneira: Yohana e Lucía Alba (porteiras), Inés Altamira, Raquel García, Patri López, Cris Martínez, Samara (defensas), Paula Gutiérrez, Carlota Sánchez, Eva Dios, Letti, Henar (centrocampistas), Ainhoa Marín, Aroa, Laura Fernández, Carlota Suárez, Millene e Marta Charle (dianteiras).

 

 

Gandoy despídese do Depor


 

-Fotos : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/rcdeportivo.es