MARIÁN GARCÍA E VERÓNICA MALLO, NOVAS INCORPORACIÓNS PARA REFORZAR O BERGANTIÑOS FC FEMININO.

 

O Bergantiños FC comunica a incorporación da xogadora Marián García Pérez e Verónica Mallo Luna, como reforzos ao equipo feminino, que como xa vos contamos en máis dunha ocasión, esta tempada estrea categoría, xogando na 1ª Galega, un salto máis no ascenso meteórico das carballesas dende o seu debút no fútbol feminino fai 4 anos. 

 

 

Marián García Pérez, (Monforte de Lemos, 25/10/1997). Xoga na posición de dianteira e chega dende o ORZÁN SD da Primeira División Galega. Na temporada 2018/19 competiu en 2ª División Nacional co Valdetires Fútbol Sala. Anteriormente pasou polo Friol, en 2ª División Nacional, e polo Monforte.

 

Verónica Mallo Luna, (Tarifa, 25/09/1991), desenvólvese como lateral esquerda e tamén pode xogar de  central. Verónica xogou na SCD Pastoriza e no Unión Deportiva Paiosaco, así como no Ponteceso de Fútbol Sala.
Xogadoras que renovaron

Alexia Suárez,  Laura Seoane, Tati Túñez, Lore Suárez, Bárbara Caamaño, Laura Torrado, María Souto, Yaiza Ramos, Laura Caamaño, Noelia García “Vimi”, y Alba Villar,  Noe Amarelle, Isa Bravo e Carla Pose.

-Texto e Foto : Departamento de Comunicación do Bergantiños FC