Marcos Domínguez colle o mando do Mazaricos.
Trala destitución onte de Óscar “Mingui” no CF Mazaricos, (1ª Galicia G2 A Costa/Santiago), chega o banquillo amarelo, o carnotán Marcos Domínguez Caamaño. Anteriormente estivo de segundo no SD Fisterra e tamén dirixeu equipos nas categorías de base de Carnota e Dumbría.
O clube mazariquense desexoulle a Óscar “Mingui! : “Moita sorte en proxectos futuros e moitas gracias polo traballo realizado”, na entidade amarela. “Mingui” deixa ao CF Mazaricos na 14ª posición con 23 puntos de 6 encontros gañados, 5 empatados e 11 perdidos. Ben e certo que o Mazaricos debería ter máis puntos cos que marca a clasificación, pero por unha cousa ou outra, perdéronse encontros nos que fixo méritos dabondo para haberse levado os 3 puntos.
Desde piratasdemuxia non temos máis ca darlle as gracias pola sua colaboración connosco por medio das crónicas e desexarlle toda a sorte do mundo.
-Foto : CF Mazaricos
-Texto : piratasdemuxia
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR