MANUEL PABLO É O SUSTITUTO DE ÓSCAR GILSANZ AO FRONTE DO XUVENIL “A”.

 

O canario Manuel Pablo estaba a facer as veces de segundo de Juan Carlos Valerón no Fabril e trala subida de Óscar Gilsánz ao equipo fabrilista, é agora Manuel Pablo o que se encargará do Xuvenil “A”, campión da División de Honra e da Copa de Campións de España, no eido de Gilsánz.

Manuel Pablo terá a oportunidade de retornar a Europa da man dos xuvenís deportivistas, que xogarán a UEFA Youth League.

Asó nos informan dende o RC Deportivo da nova : “Manuel Pablo García Díaz, (Arucas, Gran Canaria, 25 de xaneiro de 1976) será o adestrador do Xuvenil de División de Honra nesta nova temporada. O exjugador Deportivista, lenda do Club nos terreos de xogo, pasa deste xeito a levar as rendas dun dos equipos destacados da nosa canteira após exercer labores de segundo adestrador do Fabril nas últimas campañas.

O xuvenil afrontará, ademais dunha nova sesión na División de Honra nacional, da que este ano se proclamou brillante campión, a participación na UEFA Youth League, clasificación obtida após o triunfo alcanzado en Marbella a principios deste mes de xullo con Óscar Gilsanz á fronte, adestrador do Fabril para este ano.

Juan Villamisar formará, xunto a Manuel Pablo, o tándem técnico do xuvenil branquiazul”.

 

O Fabril comeza mañán a pretempada

O Fabril inicia mañá martes 20 de xullo a pretemporada con probas médicas a todos os futbolistas e técnicos no Centro QuirónSalud de ABANCA-RIAZOR. Nestas probas, rutineiras cada verán, únense nesta ocasión as correspondentes ao COVID-19.

Os adestramentos no céspede comezarán o mércores 21 de xullo ás 10:00 horas baixo a dirección de Óscar Gilsanz.

Completan o corpo técnico David Lagar, segundo adestrador; Álex Carballo, preparador físico; e David Vidal, preparador de porteiros.

Os futbolistas citados para iniciar a pretemporada son os seguintes: Alejandro Barba, David Suárez, Javi Sanmartín e Juan Cambón.

A estes hai que sumar dúas novas fichaxes:

-David Martínez Otero (Redondela, 2 de setembro do 2000). A súa posición no campo é a de dianteiro. A temporada pasada militou no CD Choco, onde xogou 23 partidos e anotou 7 goles.

-Fabio González Antón (Cee, 30 de xullo do 2000). Xoga de mediocentro e a temporada pasada, nas filas do Silva SD, disputou 27 partidos e marcou 2 goles.

Ademais, Óscar Gilsanz contará nesta pretemporada cos seguintes xogadores xuvenís: Brais Val, Marío Domínguez, Raúl Gómez, Dani Barcia, Hugo Urdiales, Hugo Padín, Mario Nájera, Jairo Noriega, Alejandro González Bermejo, David Mella, Hugo Lemos, Víctor Guerra, Alfredo Rodríguez ‘Fito’, Enrique Teijo e Hugo Ríos.

Finalmente, Yeremay, Juan Rodríguez, Alberto, Iván Guerrero e Guille Bueno; ademais dos xuvenís Brais Suárez, Trilli e Noel López adéstranse cada día ás ordes de Borja Jiménez co primeiro equipo.

.

-Foto : RC Deportivo 

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies