MANUEL MOUZO “CHINO” NOVO PRESIDENTE DO CD BAIO, E A ESTEIRANA CONVOCA OS SOCIOS EN ASEMBLEA.

 

O pasado 30 de Xuño remataba unha tempada excelente do CD Baio, que estivo no grupo dos que loitaron polo ascenso a Preferente, e ca tempada a presidenta, Rebeca Facal, deixaba abertas as portas a quen se quixese facer co seu cargo, xa que ela abandoaba por asuntos persoais, e tras un brilante mandato.

Fóronse sumando asembleas, pero ninguén aparecía para facerse cargo do decano do fútbol da costa, ata o día de onte, no que nunha asemblea de urxencia, Manuel Mouzo “Chino”, ex xogador baiés, facíase cargo da presidencia, e evitaba así que esta tempada o clube non puidese competir a vindeira tempada, para a cal está aberto o prazo de inscricións de equipos, e de non ser inscrito, pasaría un ano en branco, e o conseguinte descenso cando voltase a palestra. Por fortuna iso non ocurreu, e así nolo contan dende o CD Baio, cheos de satisfacción.

Agora a Chino, quédalle un árduo traballo de oficina e de conversas, un deses traballos é a busca dun novo adestrador, xa que Pablo Torreira deixou o equipo para alistarse nas filas do SD Sofán.

“Na asemblea celebrada este venres foi proclamado novo presidente do CD Baio Manuel Mouzo Doval ‘Chino’.

Volve tomar as rendas do club por segunda vez, nun momento complicado no que ninguén parecía querer poñerse ao mando tras a marcha de Rebeca Facal.
Nos próximos días pecharase a composición dos cargos da xunta directiva, na que quedan boa parte dos integrantes da temporada anterior aos que se suman algúns novos”, coméntannos dende o CD Baio.
.
.
.
Asemblea de Socios da SCDR Esteirana
.
A SCDR Esteirana, brilante campión da Liga da Costa, subcampión da Copa e ascenso a 1ª Galicia, ven de anunciar a Asemblea de Socios, para o 23 de Xullo. Unha asemblea na que se aprobará o acta das sesións anteriores e que se fará balance das contas da pasada campaña, e darase a coñecer o proxecto deportivo, así como o presuposto para a 2022/23. O final como se acostuma os socios terán voz na asemblea, cos “rogos e preguntas.
Noutro eido de cousas, o equipo esteirán anunciou as despedidas de Dani e Farinós.
.
.
.

Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa, contacta connosoco en : info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitarte. Cada día en torno a 60.000 visitas.

.

.

.

-Foto : CD Baio
-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies