Espasandín e Prieto na despedida de Óscar Santos na Copa da Costa.
Manuel Espasandín volve o cargo se quer.
Tal e como informa José Manuel Ferreiro na sua páxina de Facebook, na xuntanza realizada en Baio polo “Asunto Espasandín”, estiveron presentes tódalas parte, o colexiado costeiro que foi cesado de maneira incomprensible, Bernardino González, presidente do Comité Técnico de Árbitros, (CTA), (que o destitueu), e o presidente da RFGF, Pablo Prieto. Tamén estiveron os pais de árbitros que trala destituxión de Manuel Espasandín orgañizaron unha cruzada con protestas e recollidas de firmas en apoio ao subdelegado dos árbitros da costa, e se nesta reunión non era restituido ao seu posto levarían o asunto os tribunais, como así anunciaron.
Pablo Prieto fixo de conciliador e tras ter no seu poder todo o concernente o despido, a todas luces improcedente, tomou a decisión de que si quer, Manuel Espasandín tomará de novo a Subdelegación de árbitros da costa, na que estaba a facer un gran traballo.
Agora o que necesita o fútbol da costa é que se desvele os motivos da destitución xa que só trascendeu que fora por “falla de confianza”.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”