O Deportivo Feminino viaxa viaxar a Barcelona para visitar a terras do nordés de España para enfrontarse ao FC Barcelona este sábado 17 de abril no Estadio Johan Cruyff a partires das 12:00 horas, (10:00 GMT), televisado en dirto pola canle estatal, Teledeporte. Un choque do máis complicado que pode atopar o clube deportivista, xa que as barcelonistas son o mellor equipo da categoría e ademáis as deportivistas acusan demasiadas lesións, tal e como apuntaba Manu Sánchez en rolda de prensa, que dicía que o equipo : “está bastante cargado de lesións e de situacións que nos complican un pouco a rutina diaria”.
O choque chega ademais nun momento raro da temporada, tal e como lembrou o técnico deportivista: “Á semana do parón FIFA engadíuselle a xornada de suspensión do partido ante o Atlético de Madrid. Levamos practicamente un mes sen competir. Non é o máis adecuado para o que temos por diante pero dentro do que cabe hai que subliñar que as xogadoras están con bo ánimo, están a traballar ben e é a realidade que temos agora”.
Con respecto ás numerosas ausencias que terá o Deportivo ABANCA este sábado, advirte que “levamos toda a temporada inventando, tratando de buscar solucións. Levamos todo o ano no barro e xa estamos afeitos traballar nesta situación. Esta é unha situación máis extrema se cabe, con moi poucos efectivos para competir. Creo que as xogadoras que están dispoñibles entenden ben cal é a idea para o partido do sábado. Imos tentar dar unha sorpresa”.
Por este motivo, e co partidazo de Copa da Raíña da pasada temporada na retina no que o Deportivo ABANCA dobrou o xeonllo no último suspiro, pide “mirar para adiante, ser valentes porque a situación que temos é a de necesidade de puntuar. Non podemos mirar aos rivais. Falar do Barcelona é falar dunha utopía na situación na que estamos pero temos que crer, temos que tentalo”.
-Foto : Manu Boutureira
-Texto e Vídeo : RC Deportivo/piratasdemuxia