MANU SÁNCHEZ ADVIRTE DA PERIGOSIDADE DO GRANADILLA NA ROLDA DE PRENSA PREVIA O ENCONTRO DESTE MARTES.

 

Manu Sánchez alerta esta mañá en rolda de prensa en Abegondo do potencial do UD Granadilla Egatesa Tenerife, próximo rival liga do Deportivo ABANCA este martes 5 de xaneiro ás 12:00 (11:00 hora insular) no campo de La Palmera en San Isidro: “É un equipo moi aguerrido. Colleu moi ben as ideas de Francis Díaz (técnico). Cambiou a política dos últimos anos en canto a estilo de xogo e xa o ano pasado viuse. Terminaron moi ben a temporada. Este ano reforzaron todas esas ideas con algúns reforzos interesantes en todas as liñas”.

Tamén lembran que o campo de La Palmera “é de dimensións reducidas. Hai que saber xogar neste tipo de campos. Eles lévano a machada. Está a resultarlles”.

Nesta liña, destaca o traballo de Francis Díaz, adestrador tinerfeño, e o seu corpo técnico porque “se cadra con non tantos medios como outros clubs están a disputar unha gran temporada. Iremos alí a tratar de traernos algo positivo. Están nese momento da onda na que che vai todo de cara, todo ben. Aproveitárono para facer grandísimos resultados, aínda que os últimos non foron tan satisfactorios para eles. É un equipo moi perigoso, moi potente e por algo están aí arriba”.

Confesa ter “a incerteza de se imos ser capaces de estar ao mesmo nivel de antes do parón do Nadal. O partido do FC Barcelona (último do ano 2020) non o podemos contar aínda que eu faga autocrítica dese partido tamén para buscar todos os elementos positivos que houbo”.

Nesta liña, a última saída do Deportivo ABANCA en liga, que se saldou con empate ante o Madrid CFF, é para o adestrador branquiazul “un gran exemplo que nos ten que servir para ver o que podemos desenvolver fóra de Abegondo e contra rivais cun potencial enorme como é o Madrid CFF, cun grandísimo cadro. E saber sufrir. Creo que soubemos sufrir todo o que tiñamos que sufrir ante as arremetidas delas. E que o equipo vexa que é capaz de estar a recibir as arremetidas do rival, sabendo liquidalas con solvencia. E despois tratar de facer dano, que o fixemos e ben”.

Con outro maratón de partidos por diante, Manu Sánchez está á espera de comprobar “a resposta física do equipo. Deses 6 partidos que veñen xogamos 3 en 7 días. Acumúlansenos todos eles e hai que buscar o mellor rendemento do equipo, tanto deportivo como físico, que é o máis preocupante despois do parón. Imos tratar de ser positivos, de traballar con cabeza. Non se trata de meternos atracones de traballo e si chegar nas mellores condicións a estes partidos que temos”.

-Vídeo, Foto e Texto : RC Deportivo