MANU DE ROQUE CAMPIÓN DA “COPA DO SAR” COS XUVENÍS DO NOIA DIRIXIRÁ O LESENDE CF.

Manu de Roque ca “Copa do Sar”.

Manu de Roque campión da “Copa do Sar” cos xuvenís do Noia CF

Manu de Roque campión da “Copa do Sar” cos xuvenís do Noia CF dirixirá a vindeira tempada ao filial Lesende CF e seguirá coordinando o fútbol base do Noia CF.

 

 

O adestrador de Tal, (Muros), conquistou a “Copa do Sar Xuvenil” ao derrotar na final ao SR Calo por 0-3, nun extraordinario encontro dos rapaces do Noia CF Xuvenil en especial no segundo tempo. Rematou a primeira metade co resultado de 0-1 para os noieses, gracias a un gol de Iván, (35´). Xa na segunda metade pasada a hora de xogo, Ángel facía o 0-2, (63´) e seu compañeiro Álvaro sentenzaba a final no 78.

 

Noia CF Xuvenil 2018/19

Plantilla Noia CF Xuvenil

Denís, Álvaro, Lucas, Marcos, Javier, Jorge López, Jorge Lourido, Manuel, Mario, Luis, Adrián, Jorge Nogueira, Álvaro pereiro, Miguel, David e Rubén.

 

Miguel Riomao con Manu de Roque.

No equipo xuvenil noiés está o neto do mítico muradán Xua.

Fotos : Manu de Roque

++++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies