Manolo de López premio “Toda unha vida” da RFGF
O presidente da RFGF ten a ben recoñecer o traballo de toda unha vida de Manuel Vecino Serra, máis coñecido no mundo do fútbol como “Manolo de López”. Presidente-Fundador da SD Coristanco fai máis de 40 anos, o ente federativo no nome do seu presidente Rafael Louzán comunicoulle que se lle ía a otorgar o premio “Toda unha vida” no apartado de diretivo ou colaborador : “Pola sua dedicación ao longo dos anos en prol do fútbol galego e a sua traxectoria na SD Coristanco”.
A decisión tomouse na xunta ordinaria do ente galego o pasado 15 de Maio e foille comunicado publicamente no día de hoxe o clube outés.
O premio entregaráselle na “Gala do Fútbol Galego” que terá lugar o vindeiro venres 21 de Xuño no Salón de Convencións da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Un acto do que xa vos falamos e que comezará ese día ás 20:00 horas.
A nosa máis cordial noraboa a Manolo de López por iste máis ca merecido premio.
+++
Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es