MANIFESTACIÓNS POST-PARTIDO DE BORJA JIMÉNEZ, QUILES E IAN MACKAY.

 

“Hoxe o que necesitabamos era gañar polo civil ou polo criminal, sabendo que non ía ser fácil polo que nos pasou e viñamos arrastrando”. “Hoxe había que gañar, fixémolo e a ser positivos, a mirar para adiante.”, engade.

Lembra o técnico deportivista que “os xogadores son persoas e cando as cousas non che van ben pois lle colles medo a todo, pero como nos pasará a todos na vida. Tiñamos moi claro que hoxe non ían mostrar a súa mellor versión, por moi ben que adestraron durante a semana, por todas as ganas que puxeron durante a semana. Tiña moi claro que cando o balón empezará a rodar íanos a custar. Xa non podemos pensar na xeira que vimos desde fai non se cantas xornadas… Gañamos hoxe. Quedan 10 partidos para tentar gañar os 10 que é o que temos que facer”. Cre que “é bo momento para facer borrón e conta nova e centrarnos nestes 10 partidos. Todo o demais é pasado”.

Do partido, Borja Jiménez admite que “estivemos un pouco máis imprecisos do habitual, pero partindo do contexto de todo o que viña arrastrando o equipo. Eu entendo ao afeccionado que despois do do outro día queira ver hoxe a mellor versión do equipo, pero é que esas cousas son imposibles porque os xogadores son humanos, entón cústache. En canto a estrutura de xogo, tiñamos un xogador máis por fóra. Levabámola moi fácil fóra e era atacar o espazo constantemente con Héctor a primeira parte, con Villares. O penalti de William nace aí. A acción do gol nace con Héctor. O plan de partido era claro. Sacamos un xogador dentro por fóra para ser un máis para ter superioridade, por fóra e cando a pelota chegaba fóra, sempre tiñamos un máis. Buscamos algo de presión alta que tivemos situacións de roubo para poder facer gol, pero faltounos precisión, que é algo normal. Serviunos para gañar, así que moi contento”.

 

“Estou moi feliz pola vitoria, persoalmente polos dous goles. Teño que seguir apertando, seguir gañando, gozar hoxe e pensar mañá no RC Celta B”.

Admite que non foi un partido brillante e que “hoxe se tiña que gañar e gañouse. O primeiro tempo eles teñen máis o balón pero tampouco créanche ocasións claras. Se cadra algún córner ou algunha falta. E no segundo, sobre todo cando quedan con 10 e co 2-1, aféctanos esta dinámica anterior, o medo a que che empaten. Tiñamos que ter collido máis o balón, que corran eles porque teñen un xogador menos”.

 

 

“O importante era sacar o tres puntos sabendo ademais o resultado do Racing. Temos que seguir mirando para nós e sumando de tres en tres, que é o importante”.

O meta coruñés cre que o Dépor “fixo unha boa primeira parte, co control do partido. Na segunda, co gol (do empate) entra un pouco de nerviosismo. E ao final a xogada boa de Willy e o penalti puxémonos por diante. Quizais non estivemos todo o acertados que nos gustaría pero para min hoxe o máis importante era sacar o tres puntos”.

-Foto, Texto e Vídeos : RC Deportivo

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies