MANIFESTACIÓNS DE RAFA DE VICENTE E VÍCTOR GARCÍA, TRALA INXUSTA DERROTA ANTE O REAL UNIÓN.

Rafa de Vicente e Víctor García atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Stadium Gal.

O mediocentro andaluz sostén que até os propios xogadores da Real Unión “saben que o xusto vencedor teríamos sido nós. Fixemos todo o posible por levarnos a vitoria. Tivemos o control do partido, xogamos practicamente todo o partido no seu campo, sacamos centros, tiramos a porta… O equipo foi, correu. Máis cousas non se poden facer, pero ás veces o fútbol non é todo o xusto que tería que ser. Eles leváronse a vitoria, felicitarlles e pouco máis”.

Preguntado polos fallos defensivos, opina que “polo xeral en todos os partidos adóitase cometer algún erro e non é o normal que teña tanta efectividade o equipo rival. Hoxe os dous únicos tiros que fixeron foron gol. O resto do partido pasámolo no seu campo. Falámolo no vestiario, aquí hai que seguir coa mesma dinámica. É a mesma que nos levou pola senda da vitoria e hai que seguir por este camiño porque é o que vale. Niso non temos ningunha dúbida”.

De Vicente subliña que no vestiario “non gañar sempre nos vai a doer porque somos ambiciosos e queremos gañar todos os partidos. Hoxe evidentemente é fodido. Non podo dicir outra cousa, pero sabendo que realmente este é o camiño. Aquí hai que seguir tendo calma, sen ningunha dúbida de que o traballo que se está facendo é un traballo moi bo. Estamos a velo en cada partido e co devir das xornadas”.

 

 

Pola súa banda, Víctor García confesa que “estamos fodidos pero tamén dando valor ao que fixemos dentro do campo. Todas as persoas que estiveron aquí no estadio e toda a xente que nos viu desde desde as súas casas pode estar orgullosa do equipo; e sobre todo co traballo e coa persistencia do equipo”.

Conta que se atopou ben nesa banda dereita: “Na primeira parte con Quiles como na segunda con William, son dous xogadores que se asocian moi ben, tentou aproveitalo e asociarme con eles”.

Finalmente o carrilero branquiazul recalca que “tivemos o peso do partido, as ocasións, o xogo… Eles tiveron dúas ocasións, hai que darlles o parabén por esa efectividade, pero o Deportivo hoxe foi moi superior, tanto ofensiva como defensivamente. Fixemos un gran partido. Perdemos e nunca podemos estar contentos co resultado, pero si coas sensacións e co xogo do equipo”.

Despois de tres partidos sen gañar, “está claro que é un momento difícil, pero o equipo e o vestiario non ten ningunha dúbida de que imos conseguir o obxectivo este ano e nese aspecto estamos tranquilos”.

-Texto, Vídeo e Foto : rcdeportivo.es