MAÑÁN “XOVES DA BARCA” COMEZA A 2ª XORNADA DA PRIMEIRA FUTGAL CO MUXÍA-FISTERRA NA ARLIÑA.

 

En principio o Muxía-Fisterra da 2ª xornda da Primeira Futgal íase trocar de día e campo o estar estipulado para o día 15 de Setembro, “Domigo da Barca”. Dado que por motivos de dispositivo de seguridade non se xogan encontros no campo muxián nese día, tomouse unha primeira decisión de trocar o sentido do enfrontamento e xogarse o encontro en Fisterra, a cal, (non sabemos porqué), trocouse a este xoves que comeza a Romaría da Barca, (a máis grande de Galicia), o ser un día de menor problema o tratarse do mes de Setembro, e pasouse o encontro a mañán xoves 12 de Setembro a partires das 19:00 horas.

Este é o primeiro encontro da 2ª xornada desta liga na que o resto de encontros terán lugar o 15 de Setembro. Os muxiáns debutaron na Estrada ante o Vea CF co que caían por 3-1 namentras que os fisterráns derrotaban no seu feudo derrotando por 4-o ao Bastavales UD. O trío arbitral do Muxía-Fisterra será : Óscar Núñez Mayo, como árbitro princial, auspiciado nas bandas por Natañia Edthit Pereyra e Iván Martínes, nas bandas.

 

2ª xornada Primeira Futgal

(Equipos da Costa)

CF Muxía-SD Fisterra-Bastavales UD, ás 19:00 horas do 12 de Setembro

SD San Lorenzo-Vea CF, ás 17:00 horas do 15 de Setembro

SCDR Esteirana-SD Tordoia, ás 18:00 horas do 15 de Setembro

Bertamiáns-CF Dumbría, ás 17:00 horas do 15 de Setembro

SD Castriz-Praiña Sporting Club, ás 19:00 horas do 8 de Setembro

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”