A contorna do Santuario da Barca é un fervedeiro de fieis.
Mañán xoves 7 de setembro do 2023, penúltimo día da novena, comeza a Romaría da Virxe da Barca 2023, unha romaría de interese turístico nacional, (unha das poucas que hai en Galicia con este selo), e que se prolongará ata o luns 11, “Día dos muxiáns”.
A Romaría da Virxe da Barca pode presumir de ser unha romaría con moitos matices, unha romaría que ten no Sábado da Barca, (que cantou Rosalía de castro nos seus “Cantares Gallegos”), e no Domingo da Barca, os seus días grandes, días nos que o pobo é “tomado” por milleiros de persoas, pero non só para verbena, como en moitas festas, senón que para cumprir coa ofrenda de ir a Barca ese día, por pasear polo pobo e disfrutar da música polas ruas, polos fogos de pirotécnia nocturnos e diurnos, ca traca do Domingo, a maior que se lanza en toda Galicia, e que cada ano trae imnovacións para disfrute dos visitantes e romeiros, e para promoción da casa lanzadora de turno. Tamén os da noite do sábado non deixan descontento a ninguén. Difícil será de superar os do ano pasado que se lanzaron dende ata 4 sitios diferentes, dende os dous muelles, dende o mar e dende a curuta do Monte Corpiño.
Só pedir a tódolos que veñades precaución na estrada, por mor de que chegan polas cunetas romeiros día e noite, e respeto polo pobo, civismo con quen vos orgañiza esta tremeda romaría, así coma respeto antre todos evitando os follóns, en especial na noite cando as cabezas andan “destempladas”.
Informar que como cada ano a entrada o pobo será pola estrada comercal, pola zona da Cruz, e a da parte oeste da península muxiana, a da Arliña, será só de saida e aparcamento. Tamén que haberá controis dos axentes do órde día a noite os días da romaría.
Ademáis do cartel de orquetras para a zona portuaria, hai un gran número de grupos de gaitas e animación que percorrerán as ruas de Muxía, polo día, tarde e noite.
O pregoeiro será Rafael Lucena “O Cordobés”, de sobra coñecido na vila e nos arredores xa que foi hosteleiro durante moitos anos en Muxía, o precursor das ceas baile na Costa da Morte, no seu local 2Mesón el cordobés”.
Disfrutade da romaría, do que vos ofrece, e do pobo en xeral.
A Romaría da Barca tamén se celebra na Arxentina, pero será o 16 de setembro e por medio da Asociación Benéfica Cultural Del Partido de Corcubión, sita en Bos Aires.
-Fotos : Google Images/Comisións
-Texto : Xosé Búa “Pirata”