MAÑÁN XOVES COMEZA A LIGA LOCAL DE FÚTBOL SALA EN NEGREIRA E SANTA COMBA.

Acto de presentación da Liga Local de Futsal.

 

O fútbol sala volve aos concellos de Negreira e Santa Comba. O Museo Terra de Xallas de Santa Comba albergou este martes a presentación da Liga Local de Fútbol Sala, un acto ao que acudiron o alcalde de Santa Comba, David Barbeira; o rexedor de Negreira, M. Ángel Leis Míguez; os concelleiros de deportes de ambos os dous Concellos, Cristina Fajín do de Santa Comba e Iván Guardado do Concello de Negreira; e Pablo Prieto, máximo responsable do fútbol sala na Real Federación Galega de Fútbol; e Silvia Cancela, integrante da xunta directiva e portavoz da entidade que preside Rafael Louzán.

Nesta Liga Local de Fútbol Sala participarán un total de 13 equipos (8 do Concello de Santa Comba e 5 do Concello de Negreira ) e dará comezo este xoves día 9 de xaneiro. A competición disputarase nos Polideportivos de Fontenla (Santa Comba) e Pedra Mámoa (Negreira).

Ambos os alcaldes mostraron a súa gran satisfacción pola creación desta liga conxunta e agradeceron a aposta da Real Federación Galega de Fútbol.

O máximo responsable do 40×20 na Federación, Pablo Prieto, salientou a gran acollida que tivo por parte do Concello de Santa Comba esta proposta para dar a coñecer os novos proxectos de ligas sociais e recreativas que puxo en marcha a RFGF durante a presente campaña co obxectivo de chegar a diferentes colectivos da sociedade e recuperar as ligas tradicionais de Fútbol Sala de ámbito local en diferentes Concellos de Galicia.

-Foto e Texto : RFGF

++++

-Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo co que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

-Tamén informar que trocamos de o noso email é : admin@piratasdemuxia.es

-Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas. Consultanos como facelo.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies