MAÑÁN VENRES TERÁ LUGAR EN CAMBRE A “VII GALA DO FÚTBOL FEMININO GALEGO”.

Foto da pasada edición.

 

VII Gala do Fútbol Feminino Galego

– Premiadas e finalistas relacionadas co fútbol coruñés

Cambre, 27 de decembro do 2019

Mañá, venres, vai ter lugar na “Finca El Cenador”, no Concello de Cambre, a VII Gala do Fútbol Feminino Galego.

O evento, organizado conxuntamente polo Concello de Cambre e a Revista do Fútbol Feminino Galego, repartirá 27 galardóns entre as mellores futbolistas, técnicos, árbitras e equipos do noso fútbol en relación á temporada 20128/19.

Os premios confirmados máis importantes serán para Mari Paz Vilas (Valencia), que por terceira vez será proclamada mellor xogadora galega e o de mellor club, que tamén, por terceira vez, terá como galardoado ao Deportivo. Tamén será a terceira vez na que a internacional, Zulema González, reciba o trofeo como mellor colexiada. A referencia histórica leva o nome de Lis Franco. A ex xogadora do Karbo, do Deportivo e das seleccións española e galega recibirá o premio que recoñece a súa traxectoria.

No acto proxectarase o documental “Liga do Condado, terra da fraternidade”, que recolle a recuperación do fútbol feminino galego, na provincia de Pontevedra, hai 25 anos.

A relación de premiadas é a seguinte:

Segunda División Galega:

Gardarredes menos goleada: JUDITH María de Frutos Woetichen (Friol B)

Mellor goleadora: MELANIE García González (Boiro)

Primeira División Galega:

Guardarredes menos goleada: Patricia Casas Sampaio “HOUSE” (Umia)

Mellor goleadora: Catarina Vanessa da Silva MACHADO (Interrías)

Mellor xogadora: Finalistas:

CARLOTA Sánchez Sánchez (Deportivo B)

MÍRIAM DOMÍNGUEZ Márquez (Umia)

Catarina Vanessa da Silva MACHADO (Interrías)

Segunda División:

Guardarredes menos batida do Gr. I: LAURA Gallego Silvente (Friol)

Mellor goleadora galega: NATALIA de Francisco Gómez (Matamá)

Once ideal:

Mellor guardarredes: CARMEN Sumay Dios (Victoria Santiago)

Mellor lateral dereita: CRISTINA Martínez Gutiérrez (Deportivo)

Mellor central dereita: Silvia MÉRIDA Ramírez (Deportivo)

Mellor central esquerda: ANDREA MIRÓN Castro (Friol)

Mellor lateral esquerda: SARA DEBÉN Mota (Matamá)

Mellor interior dereita: ROSALÍA Muíño González (Deportivo)

Mellor mediacentro dereita: TEREsa Abelleira Dueñas (Deportivo)

Mellor mediacentro esquerda: LARA Martínez Velázquez (Matamá)

Mellor interior esquerda: ALBA MERINO Sánchez (Deportivo)

Mellor media punta: Gabriela “GABY” Antonia GARCÍA Segura (Deportivo)

Mellor dianteira: Ainize Barea Núñez “PEKE” (Deportivo)

Mellor xogadora galega de Segunda División:

Finalistas:

CARMEN Sumay Dios (Victoria Santiago)

ANDREA MIRÓN Castro (Friol)

SARA DEBÉN Mota (Matamá)

ROSALÍA Muíño González (Deportivo)

TEREsa Abelleira Dueñas (Deportivo)

LARA Martínez Velázquez (Matamá)

Premios globais:

Traxectoria histórica: Luisa Victoria de Fátima “LIS” FRANCO Iglesias (Karbo, Deportivo e seleccións española e galega: 1975/1988)

Mellor promesa:

Finalistas:

CARMEN Sumay Dios (Victoria Santiago)

SARA DEBÉN Mota (Matamá)

ROSALÍA Muíño González (Deportivo)

TEREsa Abelleira Dueñas (Deportivo)

LARA Martínez Velázquez (Matamá)

Mellor colexiada: Zulema GONZÁLEZ GONZÁLEZ (Ourense)

Equipo máis deportivo: S.D. BANDEIRA

Mellor técnico:

Finalistas:

Francisco Javier García Rouco “CHIVI” (Victoria Santiago)

MANUel SÁNCHEZ García (Deportivo)

Antonio “TOÑO” Rodríguez RUBIALES (Victoria A Coruña)

Mellor gol:

Finalistas:

ÁNXELA María Torres dos Santos (Victoria Santiago)

Victoria F.C. – Sárdoma C.F.: 4-1

(2ª División – Gr. I. Xornada 4 (30/09/2018): 4-1 minuto 76.

Claudia García Iglesias “CLO” (Matamá)

S. Cult. D. Atlántida Matamá – R. Sp. Gijón: 3-0

(2ª División – Gr. I. Xornada 22 (17/03/2019): 2-0 minuto 24.

María de la Paz Vilas Dono “MARI PAZ” (Valencia)

Valencia C.F. – Esc. F. Logroño: 2-1

(1ª División. Xornada 18 (27/01/2019): 2-1 minuto 72.

Mellor equipo: DEPORTIVO

Mellor xogadora galega 2018/19: María de la Paz Vilas Dono “MARI PAZ” (Valencia)

Igualmente, recibirán as súas placas conmemorativas, o Sp. Cambre, o Brexo Lema e o Once Caballeros, pola promoción que fan no Concello do fútbol feminino, e o Concello de Cambre, á quen nomeamos institución amiga do fútbol feminino.

O acto dará comezo ás 21,00 horas.

 

–Fotos e Texto : Carlos Castro/Revista do Fútbol Feminino Galego

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies