A 59ª edición da Copa da Costa leva camiño de ser a máis “rock & bolesca” da historia, pero xa sabemos de moitos anos que a todo o que toca a RFGF acabao arruinando. Exemplos?…ligas con 3 voltas, con 4 voltas, descender 6 e subir 2, ou baixar 2 e subir 3, e logo ligas con carenza de equipos, etc. Pero co paso do tempo e moito sufrimento dos verdadeiramente importantes, que son os xogadores e os afeccionados, tanto no deportivo coma no económico, todo volta o seu, para que chegue outro e busque trocalo para seguir ca cadea trófica.
Mañán venres terá lugar o sorteo de copas no Pazo de Vilar de Francos, sito en Artes, (Carballo), será a partires das 19:30 horas, e o modelo de competición será totalmente innovador, deixando a moitos equipos e xogadores sen as vacaións que se estipulan na competición regular de liga.
-A Copa da Costa 2023/24 comezará o 1 de Novembro, “Día de Defuntos”, que é festivo e non hai liga. Serán 8 os equipos desta pre-eliminatoria, e serán da Liga da Costa e a 2ª da Costa.
-Ata semifinais será todo a encontro único, e non participará o Sofáb B xa que é filial do actual campión, SD Sofán.
-Os Dazaseisavos serán o 6 de Nadal, 2Día da Constitución”, festivo. Nesta rolda xogarán tódolos participantes.
-Os Oitavos serán o 11 de Febreiro, que non hai liga polo parón para descanso so xogadores o ser Entruido, Antroido, Carnaval…como queirades chamarlle.
-Os Cuartos son o 1º de Maio, que como xa saberedes é o día da “Festa do traballo”, e así os xogadores poderán emular aos xaponeses cando fan folga.
-As Semifinais xa entrarn dentro dos prazos nos que comezaría a competición pois son o 26 e Maio e o 2 de Xuño, xa que son a dobre enfrontamento. Logo a Gran Final será o 9 de Xuño no campo máis alonxado posible das afeccións dos dous equipos que disputen a bendita final, (non é sorna, é o que acostuma a pasar nos derradeiros anos, en tódalas categorías).
Haberá a quen lle guste, haberá a quen non, a min polo menos non, o tempo dará ou quitará razóns, e poderemos decir, ou, xa o dixen, ou onde dixen digo, quería dicir Diego.
P.D. : A Copa da Costa Feminina…queda para outro día.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”