Mañán sábado 2 de maio de 2026 a Costa da Morte prepárase para vivir unha desas xornadas marcadas en vermello no calendario do fútbol base. Mañá, o Campo da Fontenla, en Santa Comba, converterase no epicentro da ilusión coa disputa da fase final da Copa da Costa de fútbol 8 nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín.
O formato non deixa lugar a descanso: oito equipos por categoría loitarán polo título nunha única xornada, arrancando dende os cuartos de final e avanzando por semifinais ata coroar aos campións. Un día intenso, de emoción continua e onde cada detalle pode marcar a diferenza.
Na categoría alevín, estarán presentes Xallas C.F., E.F.C. Carnota, Laxe S.D., E.F.C.C. Juan Cabrejo, E.D. Os Miúdos, Outes C.F., Sofán S.D. e S.D. Esteirana. Un cadro moi igualado que promete partidos de alto nivel dende a primeira eliminatoria.
En benxamíns, a nómina de equipos participantes inclúe a E.F.C. Carnota, Xallas C.F., Sofán S.D., Soneira S.D., Cabana S.D., E.D. Os Miúdos, U.C. Cee e Outes C.F., con varias canteiras habituais nas fases finais que buscarán dar o salto definitivo cara ao título.
Pola súa banda, na categoría prebenxamín competirán C.F. Dumbría, S.D. Cabana, Xallas C.F., E.F.C. Carnota, S.D. Coristanco, S.D. Fisterra, U.D. Cerqueda e Sofán S.D., nun torneo no que a ilusión dos máis pequenos será a gran protagonista.
Ademais, a xornada completarase coa final do Torneo Delegación G.3 alevín, que enfrontará aos conxuntos do Sofán S.D. “B e do Xallas C.F. B”.
.
-Fotomotaxe e texto : Xosé Búa “Pirata