MAÑÁN SAE DE PORTIC, (FRANCIA), O “RALLY DE VELEIROS GASCUÑA 2024”, QUE TERÁ ESCALA EN MUXÍA NA IDA E NA VOLTA.

 

O Porto Deportivo de Muxía, “Marina Muxía” recibirá a segunda travesía de veleiros dende Francia e tres semanas, primeiro foi o apsado 25-26 de Xuño a “9ª Travesía O Camiño a vela”, que chegou dende La Rochelle, (Francia), e tras percorrer tota a cornisa cantabrica e agora é o “Rally de Gascuña 2024”, terá unha dobre escala en Muxía na sua travesía desde Pornic, (Rexión de Loira), ata Baiona, e logo na volta a Pornic dende a vila pontevedresa de novo farán escala na Vila da Barca. O número de barcos que fan esta travesía son en torno aos 20-25, segundo nos infroamn dende a orgañización.

Os veleiros do “Rally de Gascuña 2024”, sairá de Pornic mañán mércores 3 de Xullo do 2024 e despois de percorren máis de 400 millas nauticas chegarán a Muxía o 7 de Xullo, onde permacerán ata o día seguinte e sairán cara a Baiona. Tras un par de días na vila pontevedresa voltarán a facer o camiño navegado e recalarán de novo en Muxía o xoves 11 de Xullo, para disfrutar unha vez máis do pobo un par de días, para sair o sábado 13 en dirección de novo a Vila Balnearia de Pornic, atravesando o Golfo de Vizcaia, (para os franceses Golfo de Gascogne),  para rematar na vila loiresa o mércores 17 de Xullo. Todo a expensas do tempo, pois pode haber unha demora de ata 2 días, en relación cas calmas finadas, ou os fortes ventos de proa, ou popa, que neste último caso farían que se cumplisaen os tempos.

 

-Foto montaxe : Xosé Búa “Pirata”

-Texto : Xosé Búa Pirata

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies