O EF Juan Cabrejo xoga en Outes unha parte do encontro suspendido.
Só faltan para pechar o 2023 dous encontros no fútbol costeiro. Un será o que enfrontará o San Lorenzo e o Tordoia da 1ª Galicia G2, que no seu día fora suspendido por anulación da xornada por parte da Federación Galega de Fútbol por mor do pasado fote temporal, “Domingos” no mes de Novembro e o outro na 3ª División Galega Feminina G2, o que enfrontará o Outes e Escolas de Fútbol “Juan Cabrejo” de Camariñas. Este encontro foi suspendido por estar o campo impracticable polas forrtes chuvias, no descanso do choque celebrado no Conchido cando o resultado era de 0-0. Así quedarán pechadas estasas ligas para este 2023, xa que o fútbol ligueiro para ata despois de Reis no caso das rapazas e ata a semana seguinte no dos homes.
1ª Galicia G2 A Costa/Santiago
-Suspendido da 10ª xornada-
SD San Lorenzo-SD Tordoia
Día : 23/12/2023
Campo : As Pedreiras, (Verdillo-Carballo)
Hora :16:00 horas
3ª División Galega Feminina G2
-Suspendido da 12ª xornada-
Outes FC-EF Juan Cabrejo
Día : 23/12/2023
Campo : O Conchido, (Outes)
Hora :16:00 horas
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”