MAÑÁN SÁBADO SERÁ A ASEMBLEA DA FEDERACIÓN DE PEÑAS DEPORTIVISTAS E A CEA FIN DE TEMPADA.

O “Día das Peñas” foi todo un éxito da Federación de Peñas.

 

Mañán sábado 8 de Xuño de 2024 terá lugar na Sala de Prensa de Riazor a Asemblea da federación de Peñas do RC Deportivo, a partires das 17:00 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda. Trala asemblea os peñistas terán un intre de relax cuns pinchos na Área 1906, para xa pola noite en Arteixo no Restaurante Bar & Grill 196, (antiga Casa Lola), rematar a tempada cunha suculenta cea e baile con barra libre para os peñistas.

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asamblea anterior.
2. Memoria económica e estado de contas.
3. Presentación da memoria das actividades realizadas no ano, viaxes, colaboracións e
convenios.
4. Informe peñas federadas.
5. Rogos e preguntas.

No apartado de rogos e preguntas debatirase sobre a posible ruptura de convenio co DXT Campeón, que está sen firmar e ospeñistas decidiran si se firma trala entrada como director do xornal coruñés de Juan Luis Couceiro, persoa que sempre falou contra a federación deportivista. A decisión tomarase tras compulsar a opinión das peñas federadas de si se seguirá ou non co proceso de firma do convenio.

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”