Mañán sábado remata a Liga de Xuvenís da Costa 2018/19

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2018/19
ED Os Miúdos brilante campión de liga.
 
-Mañán sábado remata a Liga de Xuvenís da Costa 2018/19-
-O ED Os Miúdos campión xa non xogará o derradeiro encontro-

 

Remata mañán sábado 4 de Maio a 1ª Autonómica Xuvenil, (Xiuvenís da Costa), na que a pasada semana o ED Os Miúdos proclamábase campión de liga por diante do campión do pasado ano o Corme CF, que será o que será o que xogue con eles a previa a Fase de Ascenso. Falla saber quen será o outro acompañante co SD Fisterra, (3º)  e Cabana SD, (4º) empatados a 65 puntos. O campión xa non xogará esta xornada na que tiña que recibir ao SD Soneira, que non se xoga nada, inda que podería ser superado na cuarta praza polo SCDR Esteirana, cos vimianceses cun encontro menos ainda sen xogar nesta. O parecer os vimianceses son xuntaban xente suficiente para afronatr este derradeiro encontro de liga. O ED Os Miúdos que cuaxou unha excelente tempada, rematou con 24 encontros gañados, 2 empatados e tan só 3 perdidos. Rubén Lago foi ademáis do máximo goleador do equipo con 67 goles, (3 de penalti), é agora mesmo o “Pichichi” da liga, con 3 goles máis ca Isaac Fábregas do SD Fisterra que podería superar o muradán, que como decimos esta semana non xoga e posiblemente non se xogue o encontro ante os vimianceses, polo apretado do calendario, xa ca Copa ao fronte e a fase de ascenso…Abre a nova o completo para ver a previa da xornada.
 
Dende www.piratasdemuxia.es a nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o ED Os Miúdos.

 

34ª XORNADA

(Derradeira da liga)
04/05/2019
 
CD Baio 18:00 FC Camariñas
SD Fisterra 17:00 Xallas FC
Cabana SD 17:00 SCDR Esteirana
ED Os Miúdos-SD Soneira, (Suspendido)
SD Laxe 11:00 SD San Lorenzo
Outes CF 16:00 SD Ponteceso
UC Cee 18:00 Sporting Zas
Descansan : Corme CF e SD Sofán
 

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies