MAÑÁN SÁBADO ASEMBLEA DE PEÑAS DEPORTIVISTAS E CEA FIN DE TEMPADA

Asemblea da Federación de Peñas Deportivistas e festa fin de tempada
Mañán sábado 6 de xullo a Federación de Peñas Deportivistas celebra a asemblea de final de tempada na sala de prensa de Riazor. Poden asistir un máximo de dous membros por peña tras  confirmación.
Así mesmo e xa pola noite celebrase a cea de fin de tempada no “Mesón de Pastoriza” ás 22:00. A Federación convida a un membro por peña, para o resto de peñistas que antes tiveron que confirmar a asistencia o prezo é de 35 euros. 
Haberá buses gratuítos desde a explanada de Riazor con saída ás 21:30 horas, que retornarán ao mesmo punto unha vez acabada a festa no citado local.
Dende a Federación de Peñas Deportivistas aproveitan para : “Agradecervos o traballo realizado ao longo do ano, e a axuda que nos prestastes no noso primeiro ano na Federación”.

Asemblea Anual da Federación

A Asemblea Anual da Federación de Peñas do RC Deportivo terá lugar na sala de
prensa do Estadio de Riazor, con acceso pola “Porta 1” e co seguinte horario:

17.00 horas – Primeira convocatoria
17.30 horas – Segunda convocatoria.

ÓRDE DO DÍA

1. Resumo de actividades feitas durante esta tempada
2. Presentación de contas
3. Rogos e preguntas.

 

-FOTO DE FAMILIA-

O rematar a asemblea levarase a cabo a xa tradicional foto dos assistentes na grada do Estadio de Riazor, atabiados cas bufandas, camisetas ou bandeiras do noso clube que os peñistas queiran levar.

 

ABONO DAS PEÑAS FINANCIADOS

Tamén nos informan dende as peñas que este ano se algunha peña o precisa, pode financiar os abonos con Abanca, a 3, 6, 9, 10 ou 12 meses sen xuros. O único que se pagá é unha comisión de apertura, pódese facer independentemente da entidade bancaria que teñades.
Se vos interesa lembrade dicilo a hora de tramitar os vosos abonos.

 

#AUniónFaiAForza

 

++++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies